A aventura do compás máxico
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Ciencias Sociais de 6º de Educación Primaria.
Esta situación de aprendizaxe convida ao alumnado a vivir unha aventura educativa centrada no coñecemento das zonas climáticas, ecosistemas, paisaxes, e o impacto humano no medio ambiente.
A narrativa potencia a curiosidade e a implicación activa ao situar aos participantes como protagonistas dunha viaxe inesquecible para coidar o planeta.