Al mal tiempo...buenos datos

Visto: 146 veces
Votos
Media: 5 (3 votos)

01/08/2025

Imaxe do REA08 de Matemáticas de 5º de educación primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 5º de Educación Primaria.

Tomando como referencia os datos meteorolóxicos da web de MeteoGalicia, o alumnado iníciase nos conceptos básicos de estatística e probabilidade: recollida de datos, organización en táboas, representación gráfica (barras, liñas, pictogramas) e interpretación de resultados. A situación de aprendizaxe propón a observación sistemática de variables como a temperatura, permitindo practicar o cálculo de medias, a identificación de tendencias e a formulación de conclusións a partir de información real.

O reto final é a elaboración, en equipo, dun estudo estatístico sobre datos de temperatura dunha localidade de Galicia. Cada grupo deberá recoller datos durante un período determinado, organizalos, representalos graficamente e presentar as conclusións ao resto da clase. O produto incluirá táboas de datos, gráficas interpretadas e unha exposición oral na cal se xustifiquen as observacións realizadas, demostrando competencia no manexo de información estatística e na comunicación de resultados.

Guía didáctica

Al mal tiempo...buenos datos

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (3 votos)
2025-08-01
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego