Física e Química 2ºESO: OD25. O son
Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionados con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.
OD 25. O son
Obxectivos
- Entender que o son é unha onda de tipo lonxitudinal mecánica
- Distinguir as características do son: ton, intensidade e timbre
- Coñecer a escala de sonoridade
- Facer cálculos con potencias
- Coñecer as principais aplicacións das ondas sonoras
- Saber en que consiste o efecto Doppler
- Entender o funcionamento do oido humano
- Reflexionar sobre o problema da contaminación acústica
- Valorar o traballo da astrofísica Wanda Díaz Merced
Breve resumo
Neste tema coñecemos as características do son, unha onda mecánica lonxitudinal. A súa intensidade mídese na escala de sonoridade que é logarítmica. A continuación aprendemos a facer cálculos con potencias e outros aspectos das ondas sonoras como as súas aplicacións, o efecto Doppler, o oido humano, a contaminación acústica... Facemos unha pequena descrición do traballo da astrofísica invidente Wanda Díaz-Merced, quen foi quen de transformar gráficos en ondas sonoras.