O primeiro que debemos entender é no que consiste unha onda lonxitudinal. Estas son ondas que vibran na mesma dirección na que se desprazan. Por exemplo o son no aire débese a compresiones e expansiones das moléculas, que se producen na mesma dirección na que se despraza a onda. Na seguinte animación podemos ver unha onda lonxitudinal nun tubo de gas:
ONDA LONXITUDINAL
O son tamén é unha onda mecánica, é dicir, precisa dun medio material para propagarse no que poidan vibrar as partículas ou no caso dun gas comprimirse i expandirse. Pola contra, as ondas electromagnéticas como a luz poden propagarse no baleiro. A velocidade do son depende da densidade do medio e da súa temperatura. No seguinte cadro vemos velocidades do son en distintos medios:
ESTADO |
MEDIO |
VELOCIDADE (m/s) |
GASEOSO |
Aire a 20ºC
Hidróxeno a 0ºC
Osíxeno a 0ºC
Helio a 0ºC
|
340
1286
317
972
|
LÍQUIDO |
Auga a 25ºC
Auga de mar a 25ºC
|
1493
1533
|
SÓLIDO |
Aluminio
Cobre
Ferro
Chumbo
Caucho
|
5100
3560
5130
1322
54
|