Pinceladas de emocións

Visto: 17 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)

09/06/2026

Imaxe da portada do REA 1 da materia de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 6º de Educación primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 —dun total de 3— elaborado no proxecto cREAgal para a área de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 6.º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe xira arredor das emocións e os afectos, e doutros conceptos como a autoestima, identidade persoal... Créase un camiño de autocoñecemento e busca das características que nos definen como persoas, valorando as diferenzas, a importancia do respecto, da dignidade persoal, da liberdade de expresión e doutros valores que nos permiten crecer como seres irrepetíbeis pero ao mesmo tempo respectuosos coas demais persoas. Este camiño vai acompañado con obras pictóricas recoñecidas que ilustran e provocan diferentes emocións e que inspirarán ao alumnado para a creación do produto final.

O reto propón a creación de obras de arte que formarán parte do primeiro espazo dun museo e que irán acompañadas dunha presentación informativa sobre as obras e as emocións que representan.

Guía didáctica

Pinceladas de emocións

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)
2026-06-09
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego