Ruído en acción

Visto: 25 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)

11/06/2026

Portada do REA1 para a materia de Música de 2º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 - dun total de 4 - elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Música de 2.º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a contaminación acústica, centrándose principalmente nos ruídos producidos nun centro educativo. Cun enfoque práctico e competencial, o alumnado explorará os parámetros do son e os elementos rítmicos e melódicos de duración e altura, analizando ademais o impacto desta contaminación na súa vida diaria á vez que adquire as destrezas necesarias para introducirse na metodoloxía musical.

No reto proposto, o alumnado mergullarase no mundo da improvisación libre e guiada, servindo como introdución a xéneros como o jazz. O produto final consistirá na creación e execución dunha actuación relampo mediante o uso de instrumentos non musicais. Esta proposta servirá para concienciar sobre o ambiente sonoro do propio centro, e poñerá en valor a capacidade creativa do alumnado, conectando a teoría musical coa acción directa e o espazo comunitario.

Guía didáctica

Ruído en acción

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)
2026-06-11
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego