¡Lenguas a la vista!
Este é o REA número 1 —dun total de 6— da materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.*º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe deséñase como unha viaxe imaxinaria de exploración a través das linguas e falas de España, co obxectivo de que o alumnado coñeza e valore a diversidade plurilingüe do país, tanto de linguas como de variantes dialectais, así como para que, a partir da análise dos códigos verbais e non verbais empregados, sexa capaz de identificar e desterrar os prexuízos lingüísticos.
O reto exponse para que o alumnado adopte unha posición activa no estudo das linguas oficiais do Estado con carácter significativo, contribuíndo á realización de un lapbook xigante para conmemorar o Día Europeo das Linguas.