Que fixeron os romanos por nós?
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida está deseñada co fin de introducir ao alumnado na historia de Roma, cun enfoque competencial orientado á investigación e á análise da Historia.
O alumnado terá como reto investigar e expoñer — en diferentes formatos — as orixes, características e legado do Imperio Romano. As opcións de presentación inclúen: un mural visual onde se mostren imaxes e descricións dos monumentos, tradicións ou leis investigadas; un vídeo no que expliquen o tema de maneira interactiva; un podcast ou programa de radio ficticio onde comenten a súa investigación; ou unha pesentación oral con apoio de diapositivas.