Expoñendo a Prehistoria
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida articúlase ao redor de contidos relacionados coas sociedades prehistóricas, situando ao alumnado nun contexto competencial orientado á investigación e á análise da Historia.
O reto proposto consiste na elaboración grupal, montaxe e organización dunha exposición sobre Prehistoria no centro educativo.