Proxecto BauGal_LINGUA_ODE 4_ Mover os marcos
"Mover os marcos" busca preparar as persoas estudantes para a súa inserción no mundo laboral desde unha perspectiva comunicativa e activa.
A través da elaboración de documentos clave como o CV, a carta de presentación, o correo electrónico formal ou a entrevista de traballo desenvolveranse tamén competencias transversais como a expresión oral, a capacidade de argumentación, a autocoñecemento e a sensibilización co patrimonio cultural.
O fío condutor da unidade é a creación dunha cooperativa xuvenil que asesore sobre a destrución do patrimonio, elemento que permite contextualizar todas as fases previas.
*Este ODE pode traballarse de xeito interdisciplinar co creado co mesmo nome para a materia de Tecnoloxía.