Proxecto BauGal_Lingua_ODE2_A cidade é nosa

Visto: 21 veces
Votos
Aínda sen votos

05/09/2025

Portada do ode 2

En "A cidade é nosa" imos comezar unha viaxe distinta. Unha viaxe na que as palabras teñen poder, na que a nosa voz pode influír no mundo que nos rodea. Nesta secuencia didáctica, propoñémosvos mirar de fronte o lugar onde vivimos: as rúas, as prazas, os parques... e preguntarnos: Como podería ser mellor? Que podemos facer nós para cambialo?

Traballaremos a comunicación oral, aprenderemos a falar en público con seguridade, a argumentar con forza e a escoitar con atención. Usaremos ferramentas dixitais para crear presentacións e, sobre todo, prepararémonos para participar nun club de debate onde as nosas ideas contarán.

Reflexionaremos sobre o urbanismo sostible, a participación cidadá e o papel da lingua para construír un futuro mellor. Detémonos tamén a pensar na presenza das mulleres no espazo público, nas rúas que levamos toda a vida camiñando… e descubriremos que moitas veces, elas non están. Por iso, propoñeremos un rueiro máis xusto, cambiando nomes e facendo visible o invisible: as mulleres que fixeron historia, tamén na nosa vila.

Proxecto BauGal_Lingua_ODE2_A cidade é nosa

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2025-09-05
Imaxe

Recursos relacionados
Galego