A aventura do compás máxico
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 6º de Educación Primaria.
Esta situación de aprendizaxe convida ao alumnado a vivir unha aventura educativa de viaxe no tempo, centrada no coñecemento das zonas climáticas, ecosistemas, paisaxes, e o impacto humano no medio ambiente.
O reto final consiste na creación e presentación dun ""minimundo"" sostible onde o ser humano actúe de maneira reflexiva e ecolóxica, en tres ámbitos fauna, flora e medios de transporte.