Esas pedras preciosas
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Proponse para iniciar ao alumnado de 1º de ESO no coñecemento da xeosfera, iniciación á tectónica de placas, os minerais, as rochas e a explotación destes recursos. Ao longo da situación de aprendizaxe (SA) comprenderán a estrutrura e dinámica terrestres e o proceso de formación das rochas; identificarán minerais e rochas e comprenderán a importancia de promover unha explotación de recursos sostible.