De microbios a plantas: misión científica
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida pretende fomentar no alumnado o desenvolvemento de competencias científicas e intelectuais a través dunha aprendizaxe activa e colaborativa. Mediante a indagación sobre os reinos Monera, Protoctista, Fungos e Plantas, o alumnado identificará características, establecerá relacións, clasificará organismos, describirá procesos e buscará información de xeito autónomo.
No reto proposto, o alumnado empregará a plataforma Natusfera para estudar bacterias, protoctistas, fungos e plantas a través dunha aproximación práctica. Así, participarán activamente no proceso científico, contribuíndo a proxectos reais e adquirindo habilidades propias da investigación cidadá.