Física y Química 2ºESO: OD19. Movemento rectilíneo uniforme-MRU
Conjunto de 25 unidades de Física y Química de 2º ESO relacionados con los contenidos de matemáticas y biología del mismo curso, con actividades en gallego e inglés y sobre mujeres científicas.
OD19. Movemento rectilíneo uniforme-MRU
Obxectivos
- Coñecer os conceptos básicos do movemento: sistema de referencia, posición e desprazamento.
- Entender o concepto de velocidade
- Saber intercambiar diferentes unidades de velocidade
- Saber interpretar as gráficas do movemento: a de posición-tempo e a de velocidade-tempo.
- Entender o movemento rectilíneo e as súas gráficas
- Recoñecer a ecuación dunha recta e saber representala
- Saber resolver ecuacións de primeiro grao polo método matemático
- Valorar o traballo da profesora Josefina Ling Ling
- Realizar un pequeno experimento de MRU
Breve resumo
Neste tema facemos unha introdución ó movemento cos seus conceptos básicos. A continuación nos centramos no MRU, movemento rectilíneo uniforme, en liña recta con velocidade constante. Neste tipo de movemento o espacio percorrido segundo o tempo represéntase como unha recta, polo que explicamos a ecuación da recta e o método de resolución de ecuacións de primeiro grao polo método matemático. Coñecemos o traballo dunha científica de orixe chinés pero asentada en Galicia.