Pasaporte emocional. Crea o teu propio avatar (es)
Materia: Benestar emocional na aula
Materia: Benestar emocional na aula
Materia: Benestar emocional na aula
Materia: Benestar emocional na aula
Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.
Tipo de recursos:
Materia: Francés
Descrición: Contido dinámico que incorpora un simulador conversacional co que o alumnado poderá aprender e practicar vocabulario e expresións referentes ás comidas, aos gustos e ás alerxias a través dunha narrativa na que se lle presentan o Camiño de Santiago francés e a cidade de Vézelay. O alumnado empregará o seu avatar e interactuará con diferentes personaxes para coñecer os seus gustos e entregarlle un servizo completo de comidas (entrante, prato principal, sobremesa e bebida).
Tipo de recursos:
Aula virtual cun proxecto plurilingüe en galego, inglés e francés sobre a tradición cultural clásica. A aula virtual inclúe zip de descarga para restaurar no Moodle 1.9 ou 2.6 do noso centro.
Proxecto de inmersión na lingua francesa que emprega a gastronomía como medio para aprender a coa gramática, o léxico, a fonética, a comprensión textual, tanto oral como escrita, e os contidos culturais de civilización
Femmes dans l’histoire é unha ferramenta web para practicar a compresión e a expresión orais e escritas da lingua francesa a partir de catro unidades didácticas elaboradas en torno á vida e á obra de catro mulleres referenciais na cultura francófona contemporánea.
Fonética francesa para galegofalantes. Desenvolveranse os sons vocálicos do francés (orais e nasais) e os sons consonánticos que se sinalan na programación oficial correspondente a 1º ESO e 2º ESO.
Recurso multimedia interactivo, para empregar no ensino de idiomas. Está baseado en tres galerías fotográficas, unha para cada idioma (galego, inglés e francés), e nunha serie de exercicios para practicar as destrezas lingüísticas.