Os mitos. Heracles

Visto: 0 veces
2013-07-01

Unidade didáctica de Grego para o 2º curso de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente.

Lingua: adxectivos da primeira e da segunda declinación, clasificación dos adxectivos, verbos: tema de futuro, sintaxe do xenitivo.
Os mitos: importancia dos mitos gregos, o mito de Heracles.

A guerra de Troia

Visto: 0 veces
2013-07-01

Unidade didáctica de Grego para o 2º curso de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente.

Recoñecer a achega do grego á formación do léxico das linguas de España e explicar morfoloxicamente helenismos do galego e do castelán. Recoñecer as funcións dos casos nominativo, vocativo e acusativo.

Grego - 2º de Bacharelato

Visto: 0 veces
2013-06-27

Aula virtual co programa de 2º de Bacharelato a distancia elaborada no IES San Clemente. Clicando na imaxe que aparece cando lle dades a visualizar, descargarase a copia de respaldo para instalar no Moodle do voso centro. Se -pola contra- pulsades en "descargar", hai que descomprimir o arquivo baixado e buscar na carpeta contidos_files o zip para instalar na aula virtual.

A oratoria, arte da comunicación

Visto: 0 veces
2013-06-26

Nesta unidade continuamos coa declinación dos pronomes demostrativos, relativos e as oracións que introducen, interrogativos e indefinidos. Na conxugación verbal, veremos o futuro, aoristo e perfecto medios dos verbos temáticos e unha das formas non persoais do verbo: o infinitivo. En legado, imos ver outro xénero literario. Estúdase a oratoria e a arte arquitectónica grega.

Paideia

Visto: 0 veces
2013-06-26

Era, para os antigos gregos, o proceso de crianza dos fillos, entendido como a transmisión dos valores (saber ser) e coñecementos técnicos (saber facer) inherentes á sociedade.

A política, arte da convivencia

Visto: 0 veces
2013-06-26

Nesta unidade, en lingua, imos continuar coa terceira declinación con nomes en vogal e ditongo e tamén con adxectivos da terceira; imos estudar a estrutura e complementos dunha oración simple e composta. En legado, vas coñecer as orixes da traxedia, as súas partes e aos creadores desta en Atenas, e as institucións políticas que rexían as dúas polis dominantes en época clásica, Atenas e Esparta.