O teatro, espectáculo da imitación
Nesta unidade verás a orixe e desenvolvemento do teatro, unha das maiores contribucións dos gregos á cultura europea. O teatro foi durante séculos o espectáculo máis estimado e a escola do pobo. Tamén verás o máis importante da época helenística ou alexandrina, que propagou a cultura e a civilización grega desde Exipto ata a India.