A oratoria, arte da comunicación
Nesta unidade continuamos coa declinación dos pronomes demostrativos, relativos e as oracións que introducen, interrogativos e indefinidos. Na conxugación verbal, veremos o futuro, aoristo e perfecto medios dos verbos temáticos e unha das formas non persoais do verbo: o infinitivo. En legado, imos ver outro xénero literario. Estúdase a oratoria e a arte arquitectónica grega. A oratoria foi un recurso fundamental na vida social da polis e aínda que en tempos modernos perdeu a importancia que tivo, hoxe ninguén nega a utilidade do dominio dos recursos oratorios na vida cotiá (na política, na publicidade, na educación).