Antropoloxía económica

Visto: 0 veces
2013-06-27

Na nosa sociedade a palabra economía fainos pensar nos termos de beneficio e rendibilidade, en todas aquelas cousas que adquirimos con diñeiro (alimentos, vestidos, vivendas, xoias, billetes de avión, prazas nun hotel, libros, discos, etc) Pensamos tamén en todo o que facemos para lograr ter ese diñeiro ( estudar e formarnos para conseguir un posto de traballo, traballar varias horas cada xornada, investir o diñeiro aforrado…\).

Cultura e linguaxe. producción e transmisión cultural

Visto: 0 veces
2013-06-27

Unidade didáctica de Antropoloxía de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente. A importancia da linguaxe na definición de cultura. O ser humano definido como animal simbólico. A comunicación animal e a comunicación humana. O símbolo como mediación. Linguaxe e xerarquías. Linguaxe e pensamento. O estudo da linguaxe como elemento cultural.

A xenealoxía da especie humana

Visto: 0 veces
2013-06-27

Os humanos somos unha especie animal entre outras, resultado dun longo proceso de evolución da vida neste planeta. De igual modo que as demáis especies, estamos sometidos ás leis da selección natural, sendo así que só sobreviviron aquelas liñas evolutivas que, diante da presión do ambente, presentaban características que lle eran favorables. De acordo cos datos dos que dispoñemos, suponse que durante os tres mil quinientos millóns de anos nos que se calcula que houbo vida na terra, deberon existir millóns de especies, das que só lograron sobrevivir un 1%.