Antropoloxía económica
Na nosa sociedade a palabra economía fainos pensar nos termos de beneficio e rendibilidade, en todas aquelas cousas que adquirimos con diñeiro (alimentos, vestidos, vivendas, xoias, billetes de avión, prazas nun hotel, libros, discos, etc) Pensamos tamén en todo o que facemos para lograr ter ese diñeiro ( estudar e formarnos para conseguir un posto de traballo, traballar varias horas cada xornada, investir o diñeiro aforrado…\). Pero a nosa sociedade é unha entre outras moitas e non en todas a actividade económica se identifica, ou non exclusivamente, co diñeiro, con como este se consegue e co seu valor para adquirir calquera ben e servicio.