Pasaporte emocional. Ourense

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que ten como finalidade aprender a regularse emocionalmente a partir dunha viaxe a Ourense na que o alumnado deberá xestionar emocións como o medo, a tristeza e a ira.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas.
  • Escenarios interactivos.

Número de sesións estimadas: de 2 a 3, dependendo da profundidade coa que se queira traballar.

Aclaracións

Solucións baseadas na natureza para contornas urbanas. Laboratorio de cubertas

Visto: 0 veces
2024-04-16

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Contido virtual que permite experimentar con distintos tipos de cubertas de edificios para comprobar a súa impermeabilidade e sacar conclusións sobre a utilidade de cada unha delas na prevención de desastres naturais como inundacións.

Tipo de recursos:

Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Visto: 0 veces
2024-03-27

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.

Tipo de recursos: 

Laboratorio de Té Kombucha

Visto: 0 veces
2023-05-16

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Contido virtual que permite comprender o proceso de cultivo do té kombucha, paso a paso, así como as súas aplicacións prácticas e creativas. Contén dous laboratorios nos que se pode expor ao cultivo a tres temperaturas distintas (16 ºC, 18 ºC e 22 ºC), comprobando os cambios producidos ao longo de dez días na súa masa e no seu pH, respectivamente, para poder extraer, finalmente, conclusións aplicando o método científico.

Tipo de recursos:

XeoClip Botánica 360

Visto: 0 veces
2023-03-23

"Paisaxes 360º, que amosen a interpretación da paisaxe e a descrición e explicación das comunidades vexetais e de especies en concreto do territorio galego para poder ser analizadas en globalidade (dominantes, protexidas, ameazadas, adaptacións, interaccións, usos, cultura, …) facendo posible que quen os vexa experimente estar no lugar. En cada 360 haberá unha serie de módulos ou información puntual inserida, que precisen a interacción do usuario para seren executados, do tipo: test, cuestionarios, enlaces, paisaxes sonoras, vídeos, imaxes e actividades dixitais interactivas.

Mostraxe dunar. Exploración libre 360º en ecosistema dunar

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Actividade interactiva que permite ao alumnado explorar o sistema dunar e de lagoa mariña de Barra (Ponteceso) movéndose polo espazo, para descubrir como é o seu ecosistema e coñecer as especies que o habitan a través de imaxes 360º e textos explicativos.
Pódese empregar a tableta, o ordenador, o teléfono móbil e incluso lentes 3D para desprazarse polos 17 escenarios diferentes e singulares que conforman esta paisaxe, parecendo que se está alí mesmo.

Tipo de recursos: 

Mostraxe dunar. Laboratorio de mostraxe dunar

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Actividade interactiva que permite ao alumnado realizar un estudo dun espazo natural protexido: o sistema dunar e de lagoa mariña de Barra (Ponteceso) da ría de Corme e Laxe. O contido permite comprender o proceso de mostraxe e culmina coa investigación autónoma do alumnado nun simulador virtual onde replicará a mostraxe que se faría na realidade: identificar especies con claves dicotómicas, calcular a súa porcentaxe de cobertura e recoller os factores físico-químicos do solo para coñecer a súa relación.