Consumo, xuros e porcentaxes

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 8 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Estúdanse os trámites para adquirir unha vivenda e os xeitos de financiamento, o que dá pé para ver o cálculo de xuros simples e compostos, a función exponencial e o uso de porcentaxes e taxas. Conclúese cos sistemas de aforro enerxético e hídrico nas vivendas e a importancia da reciclaxe dos residuos urbanos e a depuración das augas residuais.

Máquinas e proxectos técnicos

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 6 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade aborda o que, en síntese, podemos definir como procedemento tecnolóxico, é dicir, os coñecementos relacionados co deseño, a construción, o uso e a organización produtiva de obxectos de consumo. A súa amplitude e a necesidade de sintetizar temas tan dispares obriga a dividir a unidade en dúas partes: unha sobre máquinas e mecanismos e outra sobre os procesos de produción.

Estatística e probabilidade

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 4 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Dedícase esta unidade ao tratamento básico dos datos estatísticos, ás súas formas de representación gráfica usando o computador e ao cálculo de parámetros de centralización e dispersión. A frecuencia relativa permite inducir o concepto de probabilidade e a regra de Laplace.

 

Funcións lineal e afín. Ecuacións de primeiro grao. Cinemática

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 7 para o módulo 3 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Analízanse os movementos uniforme e uniformemente acelerado, e vese a necesidade de ensinar as representacións da recta lineal e afín, e de resolver ecuacións de primeiro grao.

A pesar de todo, quérote

Visto: 0 veces
2014-02-20

Aula virtual que inclúe en streaming o telefilme “A pesar de todo, quérote” do director Jorge Algora, e unha unidade didáctica con propostas de traballo baseadas na película sobre educación viaria, educación emocional e educación para a saúde. Pulsando “visualizar” accédese á unidade na Aula Aberta Abalar. O acceso en aberto ao filme pódese facer desde calquera ordenador de calquera centro público de Galicia. Por outra banda, se pulsades en "descargar", hai que descomprimir o arquivo baixado e buscar na carpeta contidos_files o zip para instalar na aula virtual do voso centro.

Picasso: Un neno pintor na Coruña

Visto: 0 veces
2014-02-18

Este material curricular dixital interactivo pretende achegar ao alumnado galego a figura de Picasso na súa adolescencia galega, nos anos que o incipiente artista pasou na Coruña, desde 1891 a 1895. Picasso chega á Coruña con 10 anos recién cumpridos (de feito, probablemente os fixera no barco que o traía de camiño), e aquí pasa os anos decisivos da súa adolescencia.