Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle. Perigueux: Boutique
Materia: Francés
Descrición: Contido dinámico que incorpora un simulador conversacional co que o alumnado poderá aprender e practicar vocabulario e expresións referentes á roupa e aos accesorios, ás cores, ás tallas, aos materiais e aos gustos a través dunha narrativa na que continúa o Camiño de Santiago francés chegando á cidade de Perigueux. O alumnado interactuará con diferentes personaxes para coñecer os seus gustos e entregarlles catro pezas distintas: unha parte de arriba, unha de abaixo, un calzado e un accesorio.