A Terra en continua evolución

Visto: 0 veces
2014-09-30

Unidade didáctica 3 para o módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade analízanse os efectos dos axentes xeolóxicos externos e internos na formación do relevo, a tectónica de placas e o ciclo das rochas. A existencia de fósiles introduce a cuestión da evolución das especies e as teorías que intentan explicala. As redes tróficas nos ecosistemas e a súa xestión sustentable completan a unidade didáctica.

A Terra por dentro. Teorema de Pitágoras. Semellanza

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 5 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade estúdanse os principais fenómenos que acontecen na superficie terrestre debido á estrutura e á enerxía interna da Terra: sismos, volcáns, formación de montañas, deformación dos materiais, etc. Descríbense os procesos de formación e transformación das rochas.

Internet. Os números enteiros. Estrutura da Terra

Visto: 0 veces
2014-09-26

Unidade didáctica 3 para o módulo 1 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade ten contidos relacionados con internet e o seu uso, os números naturais (representación e operacións) e o estudo da estrutura de Terra.