Enerxía nuclear. Laboratorio central nuclear

Visto: 0 veces
2022-12-30

Materia: Física e Química

Descrición: Peza do contido "Visita á central nuclear", formada unicamente polo laboratorio da central (mandos de control), o cal permite, a través da experimentación, comprender o proceso de xeración e distribución da enerxía dunha central a unha cidade, segundo a súa necesidade enerxética.

Tipo de recursos: 

  • Simulador de Central Nuclear.

Número de sesións estimadas: 1 sesión.

Aclaracións

Laboratorio Xeométrico. Visión holográfica 

Visto: 0 veces
2022-11-15

Materia: Matemáticas

Descrición: Contido audiovisual interactivo baseado en hologramas que permite a visualización en 3D e en movemento de figuras xeométricas, dos seus elementos interiores e da animación dos seus despregues. Acompáñase dunha guía para a creación manual da pirámide holográfica que permite a proxección dos hologramas. Esta pirámide pode construirse de forma sinxela con elementos reciclados.

Tipo de recursos: 

  • Visor holográfico.

Número de sesións estimadas: 1.

Enerxía nuclear. Visita á central nuclear

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Física e Química

Descrición: Contido baseado en dinámicas de Scape Room no que o alumnado terá que resolver enigmas e retos para conseguir saír da central nuclear (PWR) evacuada na que se perdeu.
A través da experimentación, o alumnado comprenderá o proceso de xeración e distribución da enerxía dunha central a unha cidade, segundo a súa necesidade enerxética, e adquirirá ou repasará os coñecementos necesarios para enfrontarse ao reto final: manexar os cadros de control da central nuclear e salvar á cidade do desastre.