Os días D e as Semanas S: "Semana da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia"

Visto: 0 veces
2023-03-17

Secuencia Didáctica para traballar a conmemoración oficial do "Semana da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia" (6 de decembro). Está formada por unha folla de ruta, un caderno de traballo, glosario, propostas de traballo cooperativo ou colaborativo, unha webquest, actividades de motivación e ampliación, como avaliar a secuencia didáctica e ligazóns a outros recursos na rede.

Introdución á IA. As entrevistas de UX1A

Visto: 0 veces
2023-02-01

Materia: Intelixencia artificial

Descrición: Entrevistas en vídeo nas que as expertas Verónica Bolón, Sara Guerreiro e Minia Manteiga responden a cuestións esenciais sobre a Intelixencia Artificial como “que é”, “onde a atopamos”, “cales son os seus beneficios e riscos” e “que papel teñen as mulleres na IA”, que permiten achegar esta nova e revolucionaria disciplina ao alumnado.
O contido incorpora un vídeo pregunta-a-pregunta no que as expertas responden a UX1A de forma coral e tres entrevistas individuais.

Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle. Perigueux: Boutique

Visto: 0 veces
2023-01-31

Materia: Francés

Descrición: Contido dinámico que incorpora un simulador conversacional co que o alumnado poderá aprender e practicar vocabulario e expresións referentes á roupa e aos accesorios, ás cores, ás tallas, aos materiais e aos gustos a través dunha narrativa na que continúa o Camiño de Santiago francés chegando á cidade de Perigueux. O alumnado interactuará con diferentes personaxes para coñecer os seus gustos e entregarlles catro pezas distintas: unha parte de arriba, unha de abaixo, un calzado e un accesorio.