Snack experiment. Que pasa nos nosos océanos?

Visto: 0 veces
2020-11-22

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Experiencia audiovisual interactiva na que o alumnado debe realizar un experimento sinxelo con materiais caseiros e aplicar de forma guiada o método científico, realizando as súas hipóteses, experimentando e sacando as súas propias conclusións. 
A través deste snack trabállase a unidade de Ecoloxía, recreando nun vaso un pequeno océano exposto a CO2. Abórdase a acidificación dos océanos (causas e impacto no medio ambiente e nas especies) e os compoñentes da atmósfera.

Snack experiment. A terra é redonda

Visto: 0 veces
2020-11-22

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Experiencia audiovisual interactiva na que o alumnado debe realizar un experimento sinxelo con materiais caseiros e aplicar de forma guiada o método científico, realizando as súas hipóteses, experimentando e sacando as súas propias conclusións. 
Neste snack reprodúcese o experimento que realizou Eratóstenes e co que consiguiu demostrar que a Terra é esférica e realizar unha medición aproximada do seu radio terrestre. 

Tipo de recursos:

Speaking of Science: Life

Visto: 0 veces
2020-11-20

Unidade 4 da secuencia didáctica Speaking of Science. Nela trátanse os 5 reinos nos que se clasifica a vida: animal, vexetal, fungos, protoctistas e moneras, ademais dos ecosistemas que estes conforman. As unidades están en lingua inglesa na que se traballan vocabulario e contidos en diferentes niveis para atender á diversidade do alumnado.

Ciencia Cidadá. Guía Ciencia Cidadá na aula (gal)

Visto: 0 veces
2020-11-18

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Guía didáctica dirixida ao profesorado que ofrece as pautas e metodoloxía necesarias para a incorporación na aula de iniciativas de ciencia cidadá co seu alumnado, promovendo a súa participación activa en proxectos e investigacións científicas actuais.

Tipo de recursos:

  • Guía interactiva.

Número de sesións estimadas: Segundo elección docente, dependendo do tipo de proxecto e do grao de participación nel.

Snack experiment. Medición do ph

Visto: 0 veces
2020-06-09

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Experiencia audiovisual interactiva na que o alumnado debe realizar un experimento sinxelo con materiais caseiros e aplicar de forma guiada o método científico, realizando as súas hipóteses, experimentando e sacando as súas propias conclusións. 
Neste snack abórdase a unidade de Xeoloxía, realizando un medidor de ph caseiro para identificar substancias ácidas e básicas.

Tipo de recursos: 

Proxecto LEOCOM

Visto: 0 veces
2020-05-28

LEOCOM significa LEO e COMPRENDO polo que o obxectivo que se pretende acadar con esta aula virtual é que mellores a túa comprensión lectora dun xeito ameno e significativo. Consta de 12 paquetes de actividades vencelladas a un interesante texto.

Experimentando... co son

Visto: 0 veces
2019-06-04

ODE dentro do proxecto "Experimentando... coa ciencia". A planificación desta secuencia está organizada para seguir a metodoloxía da clase invertida (flipped classroom) aínda que se pode adaptar facilmente a outras propostas metodolóxicas máis clásicas.

O ODE componse de 2 vídeos sobre como facer  experimentos co son máis actividades e autoavaliación dos contidos.