A Clave da Árbore
- Read more about A Clave da Árbore
- 951 views
Ferramentas para a Avaliación Fonolóxica para Galegofalantes (AFGAL) e Intervención na Articulación para Galegofalantes (ARTIGAL). O obxectivo é poñer á disposición dos mestres/as especialistas en Audición e Linguaxe, logopedas e os distintos profesionais que traballen coa fala e coa linguaxe, un instrumento de intervención enfocado á integración e xeralización dos fonemas da lingua galega.
Os ODE’s que compoñen o proxecto “XOGA COAS LETRAS” están deseñados para facilitar a aprendizaxe e o tratamento de dificultades na lectoescritura en lingua galega, así como para a ampliación do vocabulario nesta lingua e a mellora de aspectos como a pronuncia ou a conciencia fonolóxica.
Brincaletras para traballar a obra de Miguel Ángel López González, "El Hematocrítico".
Cinco audiocontos sonorizados con efectos e música. Cada ODE conta cunha canción: o poema, a melodía en arquivo audio e a partitura.Hai actividades de moi variada tipoloxía para realizar na aula e fóra da escola, arraigadas no territorio. A metodoloxía é participativa. Conta con xogos interactivos para o alumnado. As temáticas van da ecoloxía, a cultura e a lingua galegas, ata a intelixencia emocional.