Vas crear unha actuación relampo no teu centro.
Este reto consiste en compoñer unha peza musical empregando obxectos non musicais (cadernos, bolis ou estoxos).
Unha vez creada a composición, realizarás en grupo unha posta en escena nalgún dos espazos do centro.
Actuación relampo
Paso 1: creación dunha peza rítmica
- Analizarás os diferentes sons e ritmos non musicais que te rodean.
- Crearás diferentes ritmos empregando percusión corporal.
- Unha vez teñas os ritmos, deberás ordenalos cun sentido musical. O obxectivo é crear unha composición musical rítmica en grupo.
Paso 2: interpretación con obxectos
- Reflexionarás sobre como afecta a contaminación sonora ás persoas.
- Analizarás os posibles sons que se poden realizar con obxectos.
- Escollerás os obxectos que máis che interesen para facer ritmos.
- Adaptarás a peza de percusión corporal aos obxectos escollidos. O obxectivo é interpretar a composición creada en grupo con obxectos non musicais.
Paso 3: creación dunha posta en escena
- Escribirás un texto que recolla todas as problemáticas que presenta a contaminación sonora.
- Crearás unha posta en escena para realizar nun dos espazos do centro.
- O obxectivo é crear unha actuación musical e acompañala dunha reflexión sobre a contaminación acústica.
Paso 4: sorprender as demais persoas
- Realizarás en grupo a posta en escena para sorprender as demais persoas do centro.
- Tras a actuación, realizarás unha explicación sobre a contaminación sonora e as súas consecuencias.
- O obxectivo é empregar a música para concienciar sobre a contaminación sonora.