As composicións do disco son da súa autoría, ademais de cantar tamén compón.
Editorial
Definición:
Empresa que se dedica a editar obras.
Exemplo:
Esta editorial sempre publica libros e discos moi interesantes.
Creando música
Compoñer consiste en crear unha peza musical. Para iso pode servirse de elementos como a melodía, harmonía, ritmo e estrutura.
A persoa que elabora unha composición chámase compositor/a.
Nun principio as composicións transmitíanse de forma oral, de xeito que non se coñecía a autoría das obras.
Co nacemento da escritura musical e das primeiras editoriais, compositores e compositoras comezaron a asinar as súas publicacións.
Existen obras musicais de diversa e extensión, dende poucos minutos a varias horas, como pode ser o caso dunha ópera.
De forma que a composición dunha obra é un proceso que pode durar meses ou anos.
Lectura facilitada
Compoñer consiste en crear unha peza musical.
Para compoñer pódese usar a melodía, a harmonía, o ritmo ou a estrutura.
A persoa que fai esta composición chámase compositor ou compositora.
Ao principio, as composicións transmitíanse de forma oral.
Por iso, non se coñecía quen era o autor ou autora das obras.
Despois naceu a escritura musical e as primeiras editoriais.
Nese momento, os compositores e compositoras comezaron a asinar as súas publicacións.
Existen obras musicais de diferentes tamaños e extensións:
Hai obras de poucos minutos.
Hai obras de varias horas, como unha ópera.
Por este motivo, a composición dunha obra é un proceso que pode durar meses ou anos.
Audio
Para saber máis...
Que é?
Compoñer é a arte de organizar o son e o silencio no tempo para crear unha obra musical. É, en esencia, tomar decisións creativas.
Igual que un escritor elixe palabras para contar unha historia ou un/a cociñeiro/a combina ingredientes para crear un prato, un compositor ou compositora organiza os parámetros que xa coñeces:
Elixe as notas.
Decide o ritmo.
Selecciona os instrumentos.
Controla a forza.
Como se compón hoxe en día?
Compoñer non só é escribir notas na partitura. Hoxe en día tamén se compón:
Creando bases con software/soporte lóxico e computadores.
Facendo improvisación sobre unha estrutura.
Experimentando co ruído e coa tecnoloxía.
Compoñer é dar forma a unha idea sonora para que outros poidan escoitala, sentila ou bailala.
Audio
Compoñendo con ritmo
Chega o momento de compoñer a túa propia peza musical para percusión corporal.
Vas empregar 2 elementos: ritmo e timbre.
A peza estará nun compás de 4 por 4.
Podes empregar negras, brancas, e corcheas, así como os seus respectivos silencios.
A peza debe ter un mínimo de 2 partes de 4 compases cada unha.
Intenta que exista contraste entre as dúas partes.
Por exemplo, se nos primeiros 4 compases empregas brancas e negras, nos seguintes compases podes xogar con patróns máis rápidos de corcheas. Se decides crear máis de dúas partes, lembra que todas as partes deben ter 4 compases.
Reflexiona sobre os diferentes timbres que podes producir con percusión corporal: palmas, pisadas... e aplícaos á túa composición.
Emprega o teu botellófono como mínimo nunha das partes da túa composición. Podes empregar tantas botellas afinadas como desexes.
Lembra incluír matices e reguladores para engadir profundidade á túa composición.
Audio
A improvisación
Con música...
Improvisar consiste en crear música en tempo real.
Esta práctica estivo moi presente ao longo da historia, e de feito, os grandes compositores e compositoras tamén improvisaban moi ben.
En períodos como o Renacemento e o Barroco (S. XVI e XVII respectivamente) a improvisación era algo indispensable.
Aínda que co paso do tempo esta práctica se abandonou, en estilos posteriores como o jazz a improvisación é esencial.
Improvisar con palabras
Podes improvisar con melodías, harmonías, ritmos, texturas e tamén con palabras.
Co nacemento do hip-hop apareceu a figura do/a MC que improvisaba versos mentres o/a DJ creaba as bases musicais.
Coa evolución deste xéneros os textos volvéronse cada vez máis complexos e comezaron a escribirse, pero a improvisación segue cultivándose nas denominadas "Batallas de Galos".
En Galicia tamén temos a tradición de improvisar con palabras: as regueifas.
Esta práctica consiste en improvisacións en verso entre dúas ou máis persoas con temáticas satíricas e humorísticas.
Lectura facilitada
Improvisar coa música
Improvisar é crear música no mesmo momento no que se toca.
Moitos compositores famosos da historia eran grandes improvisadores.
No Renacemento e no Barroco a improvisación era obrigatoria.
Co tempo usouse menos, pero no jazz é unha parte fundamental.
Improvisar con palabras
Podes improvisar con melodías, ritmos e tamén con palabras.
Os MCs improvisan versos sobre as bases que crea o DJ.
Son competicións onde os artistas improvisan textos en directo.
Temos unha tradición moi antiga chamada regueifa.
Dúas ou máis persoas improvisan versos con humor e retranca.
Audio
Expresándose coa música
A música é unha poderosa ferramenta para transmitir emocións e funciona coma unha linguaxe.
Nesta actividade vas realizar unha improvisación rítmica con percusión corporal en grupos de 4 persoas.
Escolle como mínimo un destes ritmos. O cuarto compás sempre está baleiro para que realices aí a túa improvisación.
Forma un círculo e interpreta en grupo os 3 primeiros compases. Cando chegue o cuarto compás realiza por quendas unha improvisación.
Unha vez rematado o compás de improvisación, volve comezar o ritmo en grupal, e ao chegar ao compás baleiro outra persoa realiza a improvisación.
A persoa que improvisa muda seguindo o sentido das agullas do reloxo.
Interpreta a peza ata que improvises polo menos 2 veces.
Audio
1ª Opción
Apoyo visual
2ª Opción
Apoyo visual
Unha orquestra de lapis e bolis?
Ao longo deste REA descubriches que estás rodeado de sons e ruídos.
Chega o momento de aplicar todos os coñecementos para perfeccionar a túa composición.
Vas adaptar a túa composición de percusión corporal para interpretala obxectos do teu centro.
Para iso vas traballar co mesmo grupo de 4 persoas.
Emprega a lista que elaboraches na actividade do apartado 3.7. "Un boli musical" e escolle os obxectos que mellor se adapten aos sons que estás buscando.