| Título |
Ruído en acción |
|---|---|
|
Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 - dun total de 4 - elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Música de 2.º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a contaminación acústica, centrándose principalmente nos ruídos producidos nun centro educativo. Cun enfoque práctico e competencial, o alumnado explorará os parámetros do son e os elementos rítmicos e melódicos de duración e altura, analizando ademais o impacto desta contaminación na súa vida diaria á vez que adquire as destrezas necesarias para introducirse na metodoloxía musical. No reto proposto, o alumnado mergullarase no mundo da improvisación libre e guiada, servindo como introdución a xéneros como o jazz. O produto final consistirá na creación e execución dunha actuación relampo mediante o uso de instrumentos non musicais. Esta proposta servirá para concienciar sobre o ambiente sonoro do propio centro, e poñerá en valor a capacidade creativa do alumnado, conectando a teoría musical coa acción directa e o espazo comunitario. |
| Persoas elaboradoras |
Ismael Cabaleiro Somoza María Esther Fernández Pérez Raquel Gey Piñeiro |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Ruído en acción"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
