Saltar navegación

3.7. Quen fala?

Como o soubeches?

Pictograma da cara dunha persoa cos signos de interrogación enriba e un globo de texto coa imaxe dunha persoa dentro. Estás na porta da aula de música agardando con moitas ganas de tocar e, de súpeto, escoitas unha voz detrás de ti

"Bos días, hoxe non hai música."

Entón dáste conta de dúas cousas:

  • ese día non vas poder tocar,
  • esa non é a voz da túa profe. 

Pero, como o soubeches se non viches a persoa que che falou?

O timbre

O timbre é o parámetro que che permite identificar que persoa ou obxecto emite un son determinado.

Unha mesma melodía pode ser interpretada coa mesma duración, altura e intensidade por un violín e unha trompeta, pero sempre vai soar distinto.

O mesmo acontece coa voz das persoas. Cada unha ten un timbre diferente que che permite identificar quen fala.

Por este motivo soubeches que a persoa que tiñas detrás non era a profe de música.

Que é?

O timbre é a calidade que che permite distinguir dous sons que teñen a mesma nota (ton), a mesma duración e o mesmo volume (intensidade), pero que son producidos por fontes diferentes.

É, por así dicilo, a "cor" de cada son.

De que depende o timbre?

  • Un son puro case non existe. Cada vez que algo soa, prodúcese unha mestura dunha onda principal e outras secundarias máis suaves chamadas harmónicos.
  • A combinación deses harmónicos é o que fai que un violín soe distinto a unha frauta ou á voz da túa profesora.
  • Tamén inflúe o material (madeira, metal, plástico) e a forma na que se produce o son (soprar, golpear, fregar).

Lectura facilitada

O timbre é unha característica do son.

O timbre axúdate a saber que cousa ou que persoa fai un son.

Imaxina que un violín e unha trompeta tocan a mesma nota musical.

Teñen o mesmo volume e duran o mesmo tempo.

Pero o violín e o instrumento soan diferente.

Esa diferenza de son é o timbre.

O mesmo pasa coa voz das persoas.

Por iso sabes quen fala sen necesidade de miralo.

Que é?

O timbre é, por así dicilo, a "cor" de cada son.

Os sons non son puros.

Cando algo soa, fáiselle unha mestura de sons:

  • Hai un son principal forte.
  • Hai outros sons secundarios máis suaves. Estes sons chámanse harmónicos.

O timbre cambia segundo:

  • Os harmónicos: A mestura destes sons fai que un violín soe distinto a unha frauta ou á voz da túa profe.
  • O material: Se o obxecto é de madeira, de metal ou de plástico.
  • Como se fai o son: Se o instrumento se sopra, se golpea ou se frega.

Os timbres da túa clase

2

Na túa clase prodúcense moitos sons que recoñeces polo seu característico timbre. Cres que os acertarás todos?

{"typeGame":"Mapa","instructions":"","showMinimize":false,"showActiveAreas":false,"author":"","url":"resources/Imaxe_aula_musica.jpg","authorImage":"","altImage":"Imaxe dunha aula de música con diferentes obxectos que produxecn sons (estoxos, lápiz etc)","itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"points":[{"id":"p635733870137","title":"Abrir a cremalleira do estoxo","type":3,"url":"","video":"","x":0.31729052538540276,"y":0.5597086786066444,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":8,"question":"Intenta localizar o obxecto que produce o son","question_audio":"resources/Cremalleira_estoxo.mp4","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a635733870137","pts":[{"id":"p178609059860","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a178609059860","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s178609059860","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s635733870137","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"resources/Cremalleira_estoxo.mp4"},{"id":"p524014106855","title":"Lapis rozando a bandexa inferior da cadeira","type":3,"url":"","video":"","x":0.47794117647058826,"y":0.7054369287583434,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":8,"question":"Intenta localizar o obxecto que produce o son","question_audio":"resources/Lapices_estoxo.mp4","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a524014106855","pts":[{"id":"p1341342223194","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1341342223194","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1341342223194","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s524014106855","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"resources/Lapices_estoxo.mp4"},{"id":"p322974737351","title":"Arrugar unha folla","type":3,"url":"","video":"","x":0.3877005347593583,"y":0.31009708145289744,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":8,"question":"Intenta localizar o obxecto que produce o son","question_audio":"resources/arrugar_folla.mp4","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a322974737351","pts":[{"id":"p1297482005452","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1297482005452","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1297482005452","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s322974737351","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"resources/arrugar_folla.mp4"},{"id":"p1696629840978","title":"Subliñador golpeando a mesa","type":3,"url":"","video":"","x":0.7727272727272727,"y":0.46349513970532463,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":8,"question":"Intenta localizar o obxecto que produce o son","question_audio":"resources/WhatsApp_Audio_2026-01-01_at_17.39.48.mp3","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1696629840978","pts":[{"id":"p837554825952","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a837554825952","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s837554825952","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1696629840978","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"resources/WhatsApp_Audio_2026-01-01_at_17.39.48.mp3"},{"id":"p1417402538806","title":"Rozando a argola do caderno","type":3,"url":"","video":"","x":0.23663101604278075,"y":0.395533974656781,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":8,"question":"Intenta localizar o obxecto que produce o son","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1417402538806","pts":[{"id":"p463996957241","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a463996957241","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s463996957241","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1417402538806","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"resources/Argola_libreta.mp3"},{"id":"p659825130791","title":"Regra golpeando a botella","type":3,"url":"","video":"","x":0.42245989304812837,"y":0.5450485673922937,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":8,"question":"Intenta localizar o obxecto que produce o son","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a659825130791","pts":[{"id":"p1208367388396","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1208367388396","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1208367388396","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s659825130791","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":"resources/Regra_golpeando_a_botella.mp3"}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","evaluation":2,"selectsGame":[{"typeSelect":0,"numberOptions":4,"quextion":"","options":["","","",""],"solution":"","solutionWord":"","percentageShow":35,"msgError":"","msgHit":""}],"isNavigable":true,"showSolution":true,"timeShowSolution":5,"version":2,"percentajeIdentify":100,"percentajeShowQ":100,"percentajeQuestions":100,"autoShow":false,"autoAudio":true,"optionsNumber":0,"evaluationF":false,"evaluationIDF":"","id":"20261115470-60","order":"","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgIndicateWord":"Proporciona unha palabra ou expresión","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgScore":"Puntuación","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | ¡Muy bien! | ¡Perfecto!","msgFailures":"¡No era eso! | ¡Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgPoint":"Punto","msgAnswer":"Resposta","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automáticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se quiera","msgClose":"Pechar","msgPoints":"puntos","msgPointsA":"Puntos","msgQuestions":"Preguntas","msgAudio":"Audio","msgAccept":"Aceptar","msgYes":"Si","msgNo":"Non","msgShowAreas":"Amosar áreas activas","msgShowTest":"Amosar cuestionario","msgGoActivity":"Prema aquí para realizar esta actividade","msgSelectAnswers":"Selecciona as opcións correctas e preme no botón 'Responder'.","msgCheksOptions":"Marca tódalas opcións na orden axeitada e preme no botón 'Responder'.","msgWriteAnswer":"Escribe a palabra ou frase correcta e preme no botón 'Responder'.","msgIdentify":"Identifica","msgSearch":"Buscar","msgClickOn":"Preme sobre","msgReviewContents":"Debes repasar o %s% dos contidos da actividade antes de completar o cuestionario.","msgScore10":"Todo perfecto! Noraboa! Desexas repetir esta actividade?","msgScore4":"Non superaches esta proba. Repasa os seus contidos e téntao de novo. Desexas repetir a actividade?","msgScore6":"Moi ben! Superaches a proba, pero seguro que o podes mellorar. Desexas repetir esta actividade?","msgScore8":"Case perfecto! Aínda podes facelo mellor. Desexas repetir esta actividade?","msgNotCorrect":"Non é correcto! Premiches sobre","msgNotCorrect1":"Non é correcto! Premiches sobre","msgNotCorrect2":"e a resposta correcta é","msgNotCorrect3":"Proba outra vez!","msgAllVisited":"Xenial! Visitaches os puntos necesarios.","msgCompleteTest":"Podes completar o test.","msgPlayStart":"Preme aquí para comezar","msgSubtitles":"Subtítulos","msgSelectSubtitles":"Selecciona un ficheiro de subtítulos. Formatos admitidos:","msgNumQuestions":"Número de preguntas","msgHome":"Inicio","msgReturn":"Volver","msgCheck":"Comprobar","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Mapa"}}

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Un boli musical

Bolígrafo coa parte superior con notas musicais.

Un boli é un aparello moi útil para escribir pero, tamén podes producir son con el, verdade?

Nesta actividade vas traballar en grupos de 4 persoas.

Tes que elaborar unha listaxe cun mínimo de 10 obxectos que se atopen na túa aula, que non sexan instrumentos, pero cos que se poida facer música (sen que estes rompan).

Unha vez teñas os 10 obxectos describe o seu timbre. 

Para iso podes empregar palabras como: brillante, escuro, cálido, metálico, nasal, suave, penetrante, lixeiro, groso e calquera outro termo que consideres axeitado.

Por exemplo, se golpeas un vaso cun garfo o son resultante sería brillante e penetrante.

Botellófono diatónico

Duración:
20:00
Agrupamento:
4

Vas elaborar co teu equipo un instrumento bastante peculiar... precisas 8 botellas de vidro con tapón e auga.

Aínda que se queres que quede visualmente máis bonito, podes usar colorante alimentario para darlle unha cor diferente a cada botella. 

Ademais das botellas e a auga, vas precisar silencio, moita atención e un afinador

Botellas antigas de vidro colocadas en fila.

Unha partitura pasada por auga

Vas poñer a proba o botellófono acabado de crear para interpretar un fragmento de A Rianxeira, un canto de identidade no exilio que se converteu co paso do tempo nun símbolo da cultura galega.

Esta canción foi composta polos rianxeiros Anxo Romero (música) e Xesús Frieiro (letra) en 1947 en Bos Aires para recibir e homenaxear a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, tamén de Rianxo. 

Unha curiosidade: a letra que se canta hoxe en día non é a orixinal, xa que se foi cambiando co tempo como se se tratase dunha canción popular. 

Letra orixinal

I
Moito me gustas, rianxeira,
que estás aquí na Arxentina,
verche cantar e bailar
coma alá na terra miña. (bis)

Retrouso
Ondiñas veñen, ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van,
non te embarques rianxeira,
que te vas a marear. (bis)

II
Que guapa estabas, rapaza,
cando che vin na ribeira,
tiñas a cara morena
coma a Virxe rianxeira. (bis)

III
A Virxe de Guadalupe
vai no iate de Baltar,
lévana os rianxeiros
a remolque polo mar. (bis)

Retrouso 

Letra actual

I
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira. (bis)
descalciña pola area
parece unha Rianxeira.(bis)

Retrouso
Ondiñas veñen, ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van,
non te embarques rianxeira,
que te vas a marear. (bis)

II
A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo (bis)
a barquiña que a trouxo
era de pao de laranxo (bis)

III
A virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña (bis)
foi un raiño de sol
que entrou pola ventaniña. (bis)

Retrouso 

Partitura

Partitura da canción A Rianxeira

Apoyo visual

Rúbrica actividade botellófono

Rúbrica para avaliar a actividade do botellófono
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
ConstruciónO botellófono está ben construído, é estable e as botellas están ben ordenadas. (2)A construción do botellófono é correcta, aínda que pode mellorarse algún detalle. (1,5)O botellófono está completo, pero ten problemas de estabilidade ou orde. (1)O botellófono está incompleto ou mal construído. (0,5)
DeseñoO botellófono está ben decorado e ten unha presentación coidada. (2)O deseño é correcto, aínda que non está decorado e non todas as botellas se distinguen por cores. (1,5)O deseño é correcto, pero non existe decoración e todas as botellas son da mesma cor. (1)O deseño non está coidado en absoluto, as botellas son de distintas medidas sen relación coa súa función. (0,5)
AfinaciónCada botella ten un son que corresponde á escala musical de Do. (2)Máis da metade das botellas están afinadas correctamente. (1,5)A maior parte das botellas teñen sons diferentes pero non están ben afinadas con respecto á escala. (1)As botellas non soan afinadas. (0,5)
ProcesoDurante o proceso traballouse de maneira autónoma e organizada. (2)Durante o proceso traballouse de maneira semiautónoma e bastante organizada. (1,5)Durante o proceso non se traballou de maneira autónoma ou organizada. (1)Durante o proceso non se traballou de maneira autónoma nin organizada. (0,5)
InterpretaciónA interpretación da partitura proposta soa moi ben tanto melódica como ritmicamente. (2)A interpretación da partitura proposta soa bastante ben melódica e ritmicamente. (1,5)A interpretación da partitura proposta soa aceptable melódica ou ritmicamente. (1)A interpretación da partitura proposta non soa ben nin melódica nin ritmicamente. (0,5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal).. Rúbrica para avaliar a actividade do botellófono (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)