Contaminación acústica

A contaminación acústica é o exceso de ruído que hai nun lugar e que pode chegar a resultar molesto ou incluso prexudicial para a saúde.
Podes atopala en moitos sitios: nas rúas con moito tráfico, preto de obras, en locais moi concorridos ou mesmo na túa propia casa cando hai sons constantes e fortes.
No teu día a día no instituto exposte tamén a este tipo de contaminación.
Por exemplo, cando nos corredores hai berros, cando se pechan portas con forza, cando na aula hai demasiado murmurio ou cando no recreo o nivel de ruído é tan alto que tes que elevar moito a voz para falar cos/as teus/túas compañeiros/as.
Todo isto fai que che custe concentrarte, que te canses máis e mesmo che pode provocar dor de cabeza.
Lectura facilitada
A contaminación acústica é o exceso de ruído nun lugar.
Cando hai moito ruído, as persoas séntense molestas e a súa saúde pode sufrir.
O ruído excesivo pode estar en moitos sitios:
- Nas rúas con moitos coches.
- Preto das obras.
- En lugares con moita xente.
- Na casa, se hai sons fortes todo o tempo.
- O ruído no instituto.
No teu instituto tamén hai contaminación acústica cando:
- Hai berros polos corredores.
- Péchanse as portas con moita forza.
- Hai moito barullo dentro da clase.
- No recreo tes que falar moi alto para que te escoiten.
O exceso de ruído é malo para ti porque:
- Cústache máis concentrarte no que fas.
- Sénteste máis cansado/a.
- Pode provocarche dor de cabeza.
Audio
É importante...
... que recoñezas estes niveis excesivos de ruído e que intentes poñer da túa parte para melloralos.
- Baixa o ton de voz.
- Respecta os espazos comúns.
- Colabora para que na aula exista un ambiente máis tranquilo.
- Estarás contribuíndo a reducir a contaminación acústica no centro.
- Deste modo, o benestar e o clima de convivencia melloran para ti e para todas as persoas que te rodean.