O que aprendiches!
Nesta infografía verás os principais puntos que aprendiches sobre a fin da Idade Antiga e os comezos da Idade Media a través do Reino Suevo.

Nesta infografía verás os principais puntos que aprendiches sobre a fin da Idade Antiga e os comezos da Idade Media a través do Reino Suevo.


Agora só queda unha última reflexión no teu diario de aprendizaxe e que interiorices os coñecementos que aprendiches nesta unidade. Engade no teu diario de aprendizaxe os puntos que consideres máis importantes sobre o aprendido nesta unidade e que non estean recollidos na infografía superior.
A continuación, poñede en común entre todos e todas os vosos engadidos e seleccionade aqueles puntos que considerades máis relevantes na actualidade.
Felicidades, pequenas bárbaras e pequenos bárbaros! Chegastes dende o norte de Europa ata a Gallecia sen problemas e contastes aos vosos compañeiros o que significa facer unha migración destas características a través de varios formatos. A viaxe rematou!
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 4.0