Formamos os grupos
Os pobos xermánicos organizábanse en asembleas nas que os homes libres (si, soamente os homes, as mulleres quedaban fóra...) discutían os asuntos comúns. Agora tócavos a vós, pequenos e pequenas bárbaros e bárbaras, reunirvos para organizar os grupos para realizar o traballo do reto final!
Organizámonos
Xa coñeces o reto final e agora debes coordinarte co resto da clase para poder amosar todo o que aprendiches nesta unidade. Segue as seguintes indicacións:
- O alumnado da aula dividirase en catro grupos, co mesmo número de membros en cada un deles.
- Unha vez que os grupos estean organizados, cada grupo escollerá unha das tres ferramentas para poder acadar o reto.
Repartimos as tarefas
- Unha vez que teñades escollida a ferramenta para elaborar o reto, teredes que dividir as tarefas entre cada membro do grupo.
- Lembra que cada ferramenta implica funcións diferentes á hora de organizar a información sobre os pobos bárbaros.
Tres opcións
Recordade: podedes acadar o voso obxectivo a través de tres vías:
- Unha presentación, usando o LibreOffice Impress.
- Elaborando un podcast.
- Gravando un vídeo en "Stop Motion".
Lectura facilitada
Os pobos xermánicos organizábanse en asembleas de homes libres, nas que as mulleres quedaban fora.
Nas asembleas discutíanse asuntos comúns.
Teredes que reunirvos para organizar os grupos de cara ao reto final.
Debes coordinarte co resto da clase para amosar todo o que aprendiches.
O alumnado dividirase en catro grupos, co mesmo número de membros en cada un deles.
Cada grupo escollerá unha das tres ferramentas para poder acadar o reto.
Teredes que dividir as tarefas en cada membro do grupo.
Cada ferramenta implica funcións diferentes á hora de organizar a información.
O reto final acadarase a través dunha presentación, un podcast ou un vídeo en "Stop Motion".