Glosario
Bispo
-
Definición:
-
O bispo é un sacerdote que está ao cargo dunha diocese e ten autoridade sobre o resto de sacerdotes.
-
Exemplo:
-
O bispo participou nunha cerimonia onde se ordenaron cinco novos sacerdotes.
Crónica
-
Definición:
-
É un texto que recolle unha sucesión de feitos históricos na orde na que aconteceron.
-
Exemplo:
-
A Crónica de Hidacio recolle os feitos do Reino Suevo de Galicia ata o ano 469 d. C.
Diocese
-
Definición:
-
Durante o Imperio Romano as dioceses eran as divisións administrativas do territorio. Despois, coa chegada do cristianismo, as dioceses pasaron a designar as divisións territoriais da Igrexa e ao mando de cada unha púxose un bispo.
-
Exemplo:
-
Martiño de Dumio foi bispo da diocese de Braga.
Nobreza
-
Definición:
-
A nobreza era o estamento dos poderosos e quen controlaba o estado. En Roma estaba formada polos patricios, mentres que na Idade Media a nobreza está formada polos duques, condes etc., á cabeza dos cales está o rei.
-
Exemplo:
-
A nobreza sueva aceptaba a autoridade do emperador, pero estaba sometida ao seu propio rei.
Parroquia
-
Definición:
-
A parroquia é unha división administrativa do territorio por debaixo do concello. O termo tamén designa a un territorio baixo a dirección espiritual dun sacerdote que recibe o título de párroco.
-
Exemplo:
-
O concello de Santiago está formado por 27 parroquias como Villestro, Laraño, Carballal etc.