Saltar la navegación

4.2 Comunica os teus coñecementos!

Unha presentación salvaxe!

Como facer a presentación

No seguinte vídeo tes un titorial sobre o uso da ferramenta LibreOffice Impress. Comprobarás que é moi sinxelo:


Que temos que recoller na presentación?

Na presentación debes usar imaxes relacionadas coa parte dos pobos bárbaros que che tocou elaborar; por exemplo, no caso de explicar os pobos bárbaros que invadiron o Imperio romano de occidente, podes incluír un mapa de Europa onde apareza a situación de cada un deles.

Resumindo

  1. Cada membro do grupo traballará na parte que lle tocou da unidade.
  2. A presentación deberá conter as seguintes características:
    • Un título, acompañado dunha imaxe.
    • Un índice, no que indiques as partes que vas explicar.
    • Texto e imaxes que amosen a información máis salientable dos pobos bárbaros.
    • Todas as imaxes deberán levar un texto explicativo.
    • Cada diapositiva deberá ter pouco texto, non máis de 4 liñas.
    • Podes escoller entre os seguintes tipos de letra: Arial, Times New Roman ou Verdana.
    • O tamaño da letra será de 18 para o título, 16 para o encabezamento e 12 para o corpo de texto.
    • Non debes utilizar cores moi rechamantes para o texto.
    • Podes incluír vídeos e ligazóns a páxinas relacionadas co tema que poidan axudar a unha mellor comprensión do tema.
    • Na última diapositiva debes incluír a webgrafía e bibliografía usada na presentación.

Lectura facilitada

Visiona o vídeo para saber facer unha presentación en LibreOffice Impress.

Debes usar imaxes relacionadas coa parte dos pobos bárbaros, por exemplo, un mapa de Europa.

Cada membro do grupo traballará na parte que lle tocou da unidade.

A presentación deberá conter as seguintes características:

- Un título, acompañado dunha imaxe.

- Un índice, no que indiques as partes que vas explicar.

- Texto e imaxes que amosen a información máis salientable dos pobos bárbaros.

- Todas as imaxes deberán levar un texto explicativo.

- Cada diapositiva deberá ter pouco texto, non máis de 4 liñas.

- Podes escoller entre os seguintes tipos de letra: Arial, Times New Roman ou Verdana.

- O tamaño da letra será de 18 para o título, 16 para o encabezamento e 12 para o corpo de texto.

- Non debes utilizar cores moi rechamantes para o texto.

- Podes incluír vídeos e ligazóns a páxinas relacionadas co tema que poidan axudar a unha mellor comprensión do tema.

- Na última diapositiva debes incluír a webgrafía e bibliografía usada na presentación.

Avalía a presentación coas rúbricas da táboa.

Rúbrica para avaliar a presentación

Rúbrica para a avaliación da presentación (5x4)
 ExcelenteBoAceptableBaixo
CONTIDOA presentación inclúe información moi clara, precisa e detallada sobre os aspectos principais dos pobos bárbaros. (4)A presentación inclúe información clara, precisa e detallada sobre  os aspectos  principais dos pobos bárbaros. (3.2)A presentación inclúe información axeitada, pero falta profundidade e claridade nalgúns aspectos principais dos pobos bárbaros.  (2.4)A presentación inclúe información moi básica, pero non afonda nos aspectos principais dos pobos bárbaros. (1.6)
ESTRUTURAA presentación ten unha estrutura moi clara e os contidos  organízanse  de forma excelente. (3)A presentación ten unha estrutura clara e os contidos organízanse de forma coherente. (2.4)A presentación ten unha estrutura máis ou menos clara e os contidos organízanse de xeito irregular. (1.8)A presentación non ten unha estrutura organizada e pouco clara e os contidos non están organizados. (1.2)
DESEÑOO deseño da presentación é excelente. Utilízanse imaxes, efectos e elementos visuais moi orixinais e efectistas. (1)O deseño da presentación é moi bo. Utilízanse imaxes, efectos e elementos visuais orixinais e efectistas.  (0.8)O deseño da presentación é bo. Utilízanse imaxes, efectos e elementos visuais axeitados. (0.6)O deseño da presentación non é bo. Apenas se utilizan imaxes, efectos ou elementos visuais.  (0.4)
ORTOGRAFÍA E GRAMÁTICAA presentación non contén erros ortográficos nin gramáticais. O contido enténdese moi ben.   (1)A presentación non contén apenas erros ortográficos nin gramáticais. O contido enténdese ben.   (0.8)A presentación contén algúns erros ortográficos e gramáticais. Hai partes do contido con certa dificultade de comprensión.  (0.6)A presentación contén moitos erros ortográficos e gramáticais. O contido é de difícil comprensión.   (0.4)
TRABALLO EN GRUPOO alumno/a colabora activamente no grupo, contribúe significativamente e mostra respecto polas ideas dos demais. (1)O alumno/a participa eficazmente no grupo e mostra respecto polas ideas dos demais. (0.8)O alumno/a participa dun xeito básico no grupo e mostra certa colaboración. (0.6)O alumno/a non colabora eficazmente no grupo e mostra falta de respecto polas ideas dos demais. (0.4)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica para a avaliación da presentación (5x4) (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Un podcast bárbaro!

Como facer o podcast

Seguramente escoitas un montón de podcast sobre temas moi variados, pero, por si non sabes o que é, aquí tes un vídeo onde se explica perfectamente:

Que debe incluír o podcast?

Como proposta, podes gravar un podcast "bárbaro", sendo ti o protagonista e contando a túa experiencia desde a túa saída das terras do norte, e como te fuches asentando no territorio do Imperio Romano, por exemplo, na Gallaecia.

Que estrutura deberás seguir para gravar un extraordinario podcast:

  1. Facer unha presentación de quen es e do que lle vas contar; por exemplo, "unha apaixonante viaxe a través do Imperio Romano de Occidente". Non debes empregar máis de dous minutos.
  2. Desenvolver o tema do podcast, é dicir, todas as aventuras que viviches na túa viaxe, engadindo datos curiosos, como costumes romanas que te chamaron a atención, monumentos que nunca viras etc. Este apartado é o máis longo do podcast, pero non debería durar máis de 10 minutos.
  3. Facer unha conclusión, onde expreses se a túa viaxe mereceu a pena e explicar as razóns da túa resposta. Aquí é importante que reflexiones sobre os paralelismos da túa viaxe coas viaxes que realizan na actualidade as persoas migrantes. Non debe durar máis de 3 ou 4 minutos.
  4. Unha despedida, na que agradezas a atención do teu público.

      Lectura facilitada

      Visiona o vídeo de como se fai un podcast.

      Podes gravar un podcast meténdote no papel

      dun bárbaro que se asentou no Imperio Romano.

      Debes seguir estas estruturas para gravar un extraordinario podcast:

      - Fai unha presentación de quen es e do que vas contar,

      non empregando máis de dous minutos.

      - Desenvolve o tema, engadindo datos curiosos como costumes romanas

      que te chamaron a atención, non empregando máis de 10 minutos.

      - Fai unha conclusión argumentando se a túa viaxe mereceu a pena e por que.

      - Reflexiona sobre os paralelismos entre as migracións bárbaras e

      as migracións na actualidade, non empregando máis de 3 ou 4 minutos.

      - Fai unha despedida, agradecendo a atención do público.

      Avalía o teu podcast seguindo as rúbricas da táboa.

      Rúbrica para avaliar o podcast

      Rúbrica para a avaliación do podcast (5x4)
       ExcelenteBoAceptableBaixo
      CONTIDO HISTÓRICOO podcast presenta información moi completa, detallada e profunda dos pobos bárbaros.  (4)O podcast presenta información completa, detallada e profunda dos principais aspectos dos pobos bárbaros. (3.2)O podcast presenta información básica e algo detallada dos principais aspectos dos pobos bárbaros. (2.4)O podcast presenta información escasa ou incompleta dos principais aspectos dos pobos bárbaros. (1.6)
      ESTRUTURAO contido está moi ben estruturado con introdución, desenvolvemento e conclusión. (2)O contido está ben estruturado. (1.6)O contido ten unha estrutura algo confusa. (1.2)O contido ten unha estrutura pobre ou caótica. (0.8)
      CONEXIÓN COA ACTUALIDADE E IMPACTOExcelente conexión con temas de actualidade, que inspira reflexión e crítica. (2)Boa conexión con algúns temas de actualidade, que inspira certa reflexión e crítica. (1.6)Conexión básica con temas de actualidade, que inspira pouca reflexión e crítica.  (1.2)Conexión practicamente inexistente con temas da actualidade, que non inspira ningunha reflexión ou crítica.  (0.8)
      NARRACIÓNInteresante, clara e informativa. (1)Clara e fácil de seguir. (0.8)Algo aburrida e incoherente. (0.6)Moi aburrida e, nalgunhas partes, incomprensible. (0.4)
      PRODUCIÓNMoi boa calidade de audio e edición fluída. (1)Boa calidade de audio e edición, en xeral, fluída. (0.8)Calidade de audio algo deficiente e edición descoidada. (0.6)Calidade de audio moi deficiente e edición moi descoidada. (0.4)

      Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica para a avaliación do podcast (5x4) (CC BY-NC-SA)

      • Actividade
      • Nome
      • Data
      • Puntuación
      • Notas
      • Reiniciar
      • Imprimir
      • Aplicar
      • Nova xanela

      Un "stop motion" brutal!

      Como facer a animación "stop motion"?

      Esta técnica consegue uns resultados extraordinarios, aínda que implica unha preparación e desenvolvemento moi elaborado. Aquí tes un titorial que che explica, paso a paso, todo o que debes facer para crear unha historia. 

      Que incluír na animación "stop motion"?

      Como xa viches no vídeo, o proceso de elaboración dunha animación stop motion é moi creativo e consegues un resultado final óptimo. Como proposta para este traballo podes elaborar unha historia sobre a vida dos pobos bárbaros ou de personaxes históricos vistos nesta unidade empregando bonecos ou, incluso, elaborando o teu propio material a través de debuxos. Podes intentar relacionalo cunha historia actual das migracións.

      Como xa tes o apoio do vídeo, imos repasar algúns aspectos básicos á hora de ter en conta a elaboración da animación:

      1. Elabora a historia que queres contar, facendo un guión gráfico (storyboard) Lembra debe ser unha historia clara,  cunha introdución, un desenvolvemento e unha conclusión.
      2. Usa bonecos que teñas ou debuxos elaborados por ti.
      3. Descarga no móbil unha ferramenta para elaborar a historia (no vídeo recomenda "Stop Motion Studio")
      4. Non empregues moitos bonecos ou pezas á hora de gravar cada escena.

        Lectura facilitada

        Esta técnica obtén resultados extraordinarios,

        aínda que teñen unha preparación e desenvolvemento moi elaborado.

        Visiona o titorial que explica como facelo. 

        Podes elaborar unha historia sobre os pobos bárbaros ou de personaxes históricos, empregando bonecos ou elaborando o teu propio material.

        Podes relacionalo cunha historia actual das migracións. 

        Ten en conta os aspectos básicos á hora de elaborar a animación:

        - Elabora a historia que queres contar, que debe ser clara,

        cunha introdución, un desenvolvemento e unha conclusión.

        - Usa bonecos que teñas ou debuxos elaborados por ti.

        - Descarga no móbil unha ferramenta para elaborar a historia (no vídeo recomenda "Stop Motion Studio").

        - Non empregues moitos bonecos ou pezas á hora de gravar cada escena.

        Avalía a túa animación usando as rúbricas da táboa.

        Rúbrica para avaliar a animación "stop motion"

        Rúbrica de avaliación da animación "stop motion" (5x4)
         ExcelenteBoAceptableBaixo
        CONTIDO HISTÓRICOA animación presenta información histórica moi detallada dos pobos bárbaros. (4)A animación presenta información histórica detallada dos pobos bárbaros. (3.2)A animación presenta información histórica básica dos pobos bárbaros. (2.4)A animación apenas presenta información histórica dos pobos bárbaros. (1.6)
        ESTRUTURAO contido está moi ben estruturado, con introdución, desenvolvemento e conclusión. (2)O contido está ben estruturado. (1.6)O contido ten unha estrutura algo confusa. (1.2)O contido ten unha estrutura pobre ou caótica. (0.8)
        NARRACIÓNInteresante, clara e informativa. (2)Clara e fácil de seguir. (1.6)Algo aburrida e incoherente. (1.2)Moi aburrida e, nalgunhas partes, incomprensible. (0.8)
        PRODUCIÓNCalidade da imaxe e do audio excelente. (1)Calidade da imaxe e do audio boa. (0.8)Calidade da imaxe e do audio algo deficiente. (0.6)Calidade da imaxe e do audio moi deficiente. (0.4)
        CONEXIÓN COA REALIDADE E IMPACTOExcelente conexión coa realidade, que inspira reflexión e crítica. (1)Boa conexión coa realidade, que inspira certa reflexión e crítica. (0.8)Conexión básica con temas de actualidades, que inspira pouca reflexión e crítica. (0.6)Conexión practicamente inexistente con temas de actualidade, que non inspira ningunha reflexión ou crítica. (0.4)

        Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de avaliación da animación "stop motion" (5x4) (CC BY-NC-SA)

        • Actividade
        • Nome
        • Data
        • Puntuación
        • Notas
        • Reiniciar
        • Imprimir
        • Aplicar
        • Nova xanela

        Reflexionamos

        Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaA continuación vai ao teu diario de aprendizaxe e responde ás cuestións relativas ao desenvolvemento do reto: Foi doado? Conseguistes realizar a vosa tarefa sen dificultades? Funcionou ben o traballo en equipo?

        Estas cuestións son importantes para o traballo grupal, xa que en moitas ocasións é preciso colaborar entre todos e todas para conseguir un obxectivo: pensade neses pobos xermánicos migrando onde todas as persoas tiñan un papel fundamental!

        Feito con eXeLearning (Nova xanela)