Jcomp (Freepik). Atleta que practica surf (CC BY-SA)
Alex-Productions. Chill Vibes (CC BY-SA)
Desta volta imos precisar concentrar todo o noso potencial no sentido do oído, para poder identificar as variacións na direción que van sucedendo nunha secuencia de son. Non vos preocupedes, resulta máis doado do que semella. Para completar a actividade, botádelle un ollo primeiro as instrucións de como realizar o exercicio de maneira correcta.
INSTRUCIÓNS
En cada unha das preguntas atoparedes un arquivo de audio que contén unha secuencia de son, é dicir, unha onda que vai subindo ou baixando de maneira concreta en cada caso. Como surfearemos esta onda? Moi sinxelo, empregando un simple lápis e unha folla en branco. Se preferides, podedes empregar calqueira programa de debuxo do voso equipo (coma o TuxPaint) e facelo de forma dixital. Para logralo, xa sexa no ordenador ou cun folio en branco deberemos ter en conta as seguintes consideracións:
- Non podemos levantar a punta do lapis do caderno mentres escoitemos o son, a non ser que o son se corte (silencio) ou se desprace saltando.
- Se o son se fai máis agudo a liña deberá subir, e polo contrario se o son é máis grave a liña ten que baixar.
- Debemos prestar atención a duración do son, que será igual a lonxitude da liña.
- Ah! E unha última cousa... se o son permanece sen moverse pois a liña será horizontal, claro.
A modo de exemplo gráfico, no seguinte vídeo podedes observar onde atopar a aplicación TuxPaint no voso equipo e como é o procedemento para plasmar as ondas sonoras. Imos aló!
Iván Suárez. Videotitorial Surfeando as Ondas (CC BY-SA)
Unha vez teñades o voso Picasso rematado despois de escoitar o audio da pregunta, deberedes seleccionar de entre as opcións que se amosan en cada caso a que consideredes correcta e que polo tanto máis se asemella ó voso debuxo. Premede en MOSTRAR RETROACCIÓN para comprobar.
Velaí vai o primeiro audio. Moita atención!