Desciframos o código
Agora soamente deberedes descifrar o afamado código de cores para desbloquear as actividades que atoparedes a continuación. Deseguido atoparedes as instrucións para conseguilo. Non perdades ollo!
INSTRUCIÓNS
Para realizar a actividade deberedes encher cada un dos ocos baleiros coa palabra axeitada. Se a escollida é a correcta, automáticamente o fondo aparecerá en cor verde; pero se non dades coa palabra axeitada... código vermello! Lembrade prestar especial atención cos erros ortográficos, xa que serán tidos en conta.