Saltar navegación

Subes ou baixas?

A direción do son

 Hombre entrando en cabina de ascensor abarrotada
pch.vector (Freepik). Hombre entrando en cabina de ascensor abarrotada (CC BY-SA)

Subes ou baixas? De seguro que é unha cuestión moi frecuente que acontece cando nos atopamos con outra persoa nun ascensor, verdade? Resulta importante coñecer a direción para saber de antemán cara onde nos movemos. Pois ben, na música sucede exactamente o mesmo. No ámbito musical, cando un son sobe ou baixa dicimos que varía a súa altura, que é unha das catro calidades do son. Se un son ascende, modifícase a súa altura e convértese nun son agudo, e do mesmo xeito cando descende transfórmase nun son grave. Sinxelo, non é?

Aquí tendes un pequeno exemplo sonoro de como un son pode modificar a súa altura subindo ou baixando.

Son subindo
Son baixando

Como sucede no propio ascensor, se tivéramos que empregar as frechas para indicar a direción do son, faríamos uso das seguintes iconas:

  • Cando o son vai de grave a agudo, empregaremos frecha en sentido ascendente.
 Arriba y abajo flechas verdes y rojas
Juicy (Freepik). Arriba y abajo flechas verdes y rojas (CC BY-SA)
  • Cando o son vai de agudo a grave, empregaremos frecha en sentido descendente.
Arriba y abajo flechas verdes y rojas
Juicy (Freepik). Arriba y abajo flechas verdes y rojas (CC BY-SA)

INSTRUCIÓNS

A continuación realizaremos unha actividade breve para ordenar un pouco as ideas na nosa cabeciña. Para completala deberes escoller en cada caso unha das opcións que se amosan en cada oco, xa que soamente unha é a correcta. Non hai tempo límite nin número máximo de intentos, polo que podedes facelo con calma. Unha vez rematada picade en COMPROBAR para visualizar os resultados. Moito ánimo!

O son está formado por , e estas móvese de xeito constante modificando as catro . Como acontece cun ascensor, o son pode subir ou baixar, variando a súa . Se ascende pouco a pouco se converte nun son máis  , e polo contrario cando baixa se transforma nun son .  Todos os sons que coñecemos forman as notas musicais, que ordenadas coma unha escaleira reciben o nome de , e represéntanse nun .  O código que relaciona cada unha destas notas cunha cor predefinida recibe o nome de

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)