Saltar navegación

Facendo ruído!

Interpretamos

Duración:
30
Agrupamento:
Ilimitado
ustración de vector de concepto abstracto de música rock
Jcomp (Freepik). Jóvenes bailando en la playa en una fiesta junto al mar. (CC BY-SA)
Vlad Gluschenko. Boat (CC BY-SA)

Estamos chegando xa ao final da unidade, e como non podía ser doutra maneira imos a empregar o botellófono que elaboramos para interpretar unha peza moi singular. Trátase dunha canción popular moi empregada no entroido, orixinal de Arxentina e que de seguro coñecedes. Queredes saber cal é? Imos aló!

CARNAVALITO

Red de Jóvenes Comunicadores. KETOM - MÚSICA PARA VIVIR (CC BY-SA)

"Carnavalito" é un tema popular, que mestura a perfección ritmos sinxelos cunha melodía que non seredes capaces de quitar da vosa cabeciña! Para comezar, recoméndovos practicar soamente a melodía co voso instrumento, primeiro a pouca velocidade para ir avanzando no tempo. Como vedes, ten un ritmo moi sinxelo e pódese tocar en grupo con instrumentos reciclados sen problema. Na seguinte lapela MATERIAIS atoparedes a partitura, xunto co audio da peza e un arquivo en formato MUSESCORE para poder editala no voso equipo empregando este programa.

MATERIAIS

  • Velaquí vai a partitura en grande formato, que ofrece a posibilidade de tocare a peza en conxunto empregando a instrumentación do cole. A melodía dos botellófonos serán os dous pentagramas principais, que no documento aparecen como frautas.
Partitura de Carnavalito (adaptación)
Iván Suárez. Carnavalito (adaptación) (CC BY-SA)
  • Agora podedes escoitar e descargar o audio da partitura, por se o precisades para practicar cando queirades!
Audio da partitura Carnavalito
Iván Suárez. Audio da partitura Carnavalito (CC BY-SA)
  • Por último, nesta epígrafe atoparedes o arquivo en formato ".mscz" para editar a partitura no progrma de edición de audio de software libre MUSESCORE. Este programa está presente por defecto nos ordenadores ABALAR do alumnado.

 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)