Saltar navegación

Sabías que?

Música pantasmagórica

Colección de fantasmas de halloween dibujados a mano
pikisuperstar. Colección de fantasmas de halloween dibujados a mano (CC BY-SA)
Sound Effects Library. Apocalypse (CC BY-SA)

Estamos de acordo entonces en que non podemos ver as ondas que forman o son, pero transmítense polo aire, verdade? En realidade estamos habituados a empregar o aire como medio para escoitar, pero o certo é que as frecuencias de vibración transmítense dunha maneira moito máis eficaz pola auga. Si, tal e como acabades de ler. Por este líquido non atopa interferencias (muros, vento, etc) e pode propagarse sen obstáculo algún da mesma forma en tódalas direccións. Acontece algo así como cando tiramos unha pedra a un estanque, que produce ondas en todas as direccións. Mirade este pequeno exemplo a cámara lenta das vibracións producidas ao fretar con suavidade o borde dunha copa de cristal chea de auga. Unha pasada!

Trevor Cox. Glass harmonica- slow motion (fragmento) (CC BY-SA)

Tivo que vir o mismísimo Benjamin Franklin (S XVIII) para crear un invento que cumpre á perfección esta teoría: a armónica de cristal. Trátase dun instrumento que combina diferentes pezas de cristal con auga, polo que a transmisión do son é realmente espectacular. Mirade que marabilla!

RFI Español. La armónica de cristal, un intrumento creado por Benjamin Franklin (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)