O misterio da caixa
Noraboa! Se chegáchedes ata aquí é porque xa tedes resolto o misterio da caixa. Non era tan difícil, verdade? Pois agora que xa coñecedes os intrumentos que se agochaban dentro imos a miralos en acción, para entender cal é a técnica precisa para tocar cada un deles. Non perdades ollo!
Cunchas
Pois sí, unhas simples cunchas de viera, convertéronse en todo un instrumento digno do top 5 do noso folclore. Para tocar as cunchas unha delas sostense na man esquerda coa parte estriada cara ao pulso ou ao revés, mentres que na man dereita se sostén sempre coa parte dentada cara aos dedos. A cuncha da man dereita refrégase e percute sobre a da esquerda podendo producirse todo tipo de ritmos e riscados, obtidos estes debuxando círculos cunha cuncha sobre a outra. Dentro vídeo!
Gaita
Imos a facer unha excepción, xa que aínda que a gaita non é un instrumento de percusión de altura indeterminada, non poderiamos pasar por alto un dos máis afamados integrantes da nosa música popular. Pertence a familia de vento madeira, porque emprega unga cana ou palleta que vibra ao psar o aire para producir o son.
A gaita tradicional galega consta de:
- Soprete, co que se introduce o aire no fol.
- Un punteiro, co que se pode tocar en "aberto", ou en "pechado".
- Fol, espazo onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento.
- Roncón, o tubo que se apoia sobre o ombro do gaiteiro, que soa permanentemente na mesma nota que o son do punteiro, pero máis grave.
E como unha imaxe vale máis que mil palabras, que mellor que un vídeo!
Pandeireta
Bueno a pandeireta xa a tedes moi vista! A súa elaboración, como sabedes, realízase de maneira artesana e contrúese empregando meteriais como a pelica de coiro no parche, madeira para o marco e ferreñas arredor. Pero... como tocala? A pandeireta suxéitase habitualmente coa man esquerda, sen tapar as ferreñas, e a man que percute o parche é a dereita. Emprégase a punta dos dedos ou o puño pechado para cambiar a sonoridade, e tamén existe unha técnica coñecida como riscado que consiste en deslizar o dedo de forma que vaia esvarando e producindo un ruido moi característico. Mirade con detalle o vídeo para coller a técnica!
Pandeiro
Actualmente as portadoras e portadores de toda a nosa xeografía entenden por pandeiro unicamente o instrumento cadrado, aínda que nalgunhas zonas xa non se conserve o seu uso. Sabemos que outrora isto non foi así e pandeiro podíase referir tamén a instrumentos circulares. Ambos tipos de pandeiro, iso sí, amosan os mesmos elementos: unha pelica de coiro confecciona o parche, ben suxeita e tensa nun marco de madeira.
Para tocar este instrumento as mulleres sostéñeno de xeito moi semellante ao resto dos tambores de marco circulares: asíndoo coa man esquerda por un dos seus lados, co polgar pola parte posterior e os catro dedos restantes en contacto coa pel que fica diante, o pandeiro sostense en posición case vertical, diante do peito da tocadora, podendo ou non apoiarse este preto do embigo. A man dereita fica así libre para bater na pel e producir o son.
Agora que xa sodes uns expertos pandeireteiros/as, é tempo de coñecer algúns dos intrumentos máis habituais do panorama musical galego que adoitan acompañar á pandeireta nas súas intervencións musicais. Todo un misterio que iremos resolvendo pouco a pouco. De seguro que máis de un resúltavos familiar, así que soamente faremos un pequeno percorrido para que non vos esquezades das súas peculiaridades. Que instrumentos estarán agochados no interior da caixa?
INSTRUCIÓNS
Para comezar primeiro deberedes dar resposta a pregunta inicial e desbloquear o xogo. Se tedes dúbidas podedes voltar a botarlle unha ollada a sección anterior. Unha vez superada, o funcionamento é moi sinxelo, trátase de atopar na sopa de letras os nomes de instrumentos galegos moi recoñecidos, ao tempo que imos coñecendo máis sobre cada un deles. Para sinalar cada palabra, tedes que picar na primeira letra e arrastrar ca punta do rato cara as seguintes sen soltar. Podedes empregar as pistas de son facendo clic na icona do altofalante, e tamén obter unha descripción picando na icona da imaxe. O tempo máximo para rematar a actividade é de dez minutos, así que non vos despistedes.
Imos aló!