Fabricamos unha pandeireta!
Por fin chegou o momento que estabades agardando... e como o prometido é debeda agora toca elaborar o noso propio instrumento de percusión de altura indeterminada: a pandeireta! Pero non sen antes obter unhas nocións básicas sobre este instrumento tan característico da nosa música popular.
Imos a facer un alto no camiño para coñecer as súas orixes, peculiaridades e aspectos constructivos. Tomade nota!
Orixes
Falar das orixes da pandeireta sería algo así como preguntarnos quen descubriu a tortilla de pataca, e xuntou por primeira vez patacas e ovo nunha mesma elaboración. Como sabedes, a pandeireta é un instrumento cunhas características moi concretas: combina o son producido por un parche de pel cuns elementos metálicos que provocan unha mestura moi singular. Poderíamos dicir que en certa maneira aseméllase a un pandeiro sobre o que colocaron uns axóuseres... ou ao revés, quen sabe! Non hai consenso sobre a súa procedencia, xa que evolucionou ao mesmo tempo en diferentes culturas, pero créese que provén de Mesopotamia e Exipto fai miles de anos e empregábase en rituais relixiosos.
Elementos e partes
Como podedes apreciar na imaxe, a pandeireta tan principalmente dúas partes diferentes, a membrana ou pelica e as coñecidas ferreñas. A primeira está elaborada en pel (ovella, vaca, etc), e produce un son seco ao ser golpeada coa man cando percutimos o instrumento. Atópase enmarcada nunha estrutura de madeira, que lle aporta tensión e firmeza. As ferreñas, sen embargo, amosan un son metálico máis brillante cando as axitamos mentres tocamos. O resultado é unha mestura moi equiibrada, que combina ambos sons orixinando un novo instrumento: a pandeireta.
Xéneros populares
A pandeireta é un dos instrumentos máis recoñecidos da nosa música popular (co permiso da gaita, por suposto). Emprégase en multitude de xéneros propios do noso repertorio como poden ser as pandeiradas ou o a muñeira. Dende fai tempo, pero especialmente a partir do século XX, este instrumento estivo ligado a aparición de formacións tradicionais femininas que realizaban cantos conxuntos mentres traballaban en actividades do campo ou na recolección das colleitas. Estas agrupacións de mulleres coñécense co nome de pandeireteiras, e estiveron mi presentes como banda sonora nos festexos locais da sociedade da época.
A continuación podedes ollar un claro exemplo desta agrupación tradicional, prestade especial atención a súa forma de cantar ao unísono (varias voces realizan unha mesma melodía) e o dominio que teñen da pandeireta... menudo manexo!
Agora sí, non perdades ollo co seguinte video-titorial onde se explica pasiño a pasiño como é o proceso para elaborar a nosa propia pandeireta empregando materiais de refugallo. Imos aló!
Se queredes gardar ou compartir esta valiosa información, podedes descargar o manual de elaboración da pandeireta deseguido.
