Menudo ruido!
Como podedes escoitar os instrumentos de percusión son sen lugar a dúbidas os máis ruidosos! Menudo alboroto se ten que formar cando se xuntan todos, pero a pesar das súas diferenzas o certo é que lévanse de maravilla e teñen moitas cousas en común. Queredes coñecer esta familia en profundidade? Pois seguide lendo e avanzade polas lapelas a continuación.
Familia de percusión
Todos os instrumentos musicais que compoñen a familia de percusión teñen unha cousa en común: precisan ser golpeados ou ben axitados para producir o son. É dicir, debemos aplicar nós certa forza para xerar as vibracións que, dependendo do tipo de instrumento, pode ser empregando as mans ou outro elemento como as baquetas ou mazas.
O único elemento que diferencia varios grupos dentro desta gran familia ten que ver coa altura e o feito de se poden tocar notas ou non. Dependendo do caso estableceremos dous grupos de intrumentos de percusión: os de altura determinada e os de altura indeterminada. Deseguido podedes afondar nesas diferenzas.
Percusión de altura determinada (IPAD)
Como o seu nome indica, podemos determinar ou coñecer con exactitude cada unha das notas cando os tocamos, de maneira que permiten realizar melodías ou acordes empregando as notas da escala musical. Polo xeral adoitan presentar varias partes diferenciadas ou numeradas, para que o intérprete poida saber cal é a disposición das notas para construír as melodías que máis lle interesen. Algúns dos intrumentos representativos deste grupo están compostos por diferentes láminas, e cada unha se corresponde cunha nota cando a tocamos; é o caso do metalófono, o xilófono ou mesmo a marimba que tedes na imaxe. Podédela escoitar tamén!
Percusión de altura indeterminada (IPAI)
Como o seu nome indica, neste grupo de instrumentos de percusión non podemos determinar ou relacionar cada un dos sons que producen con notas conretas, e polo tanto non se corresponden coas notas da escala musical. Empréganse para facer ritmos de acompañamento xeralmente, xa que non poden realizar melodías. Dependendo do tamaño do instrumento falamos de grande ou pequena percusión, e nalgúns casos, coma acontece co instrumento propio do noso folclore que imos a escoitar, xurde de maneira popular empregando obxectos do entorno próximo. É o caso das cunchas, instrumento típico galego que mirade como soa!