Saltar navegación

A familia da orquestra

Sinfonía de orquestra

Orquestra sinfónica
storyset (Freepik). Ilustración del concepto de orquesta (CC BY-SA)
FSCM Productions. The Adventure Begins (CC BY-SA)

Chegados/as a este punto imos a deternos un anaquiño para afondar na orquestra que nos acompañará durante o resto das unidades do proxecto, a orquestra sinfónica. Pois ben, o certo é que esta formación non recibe ese nome por casualidade... e garda un pequeno segredo que estades a punto de coñecer. Sabedes que é unha sinfonía? De seguro que polo menos algunha idea teredes. Alá polo século XVIII, xurde en Europa un tipo de composición musical que se dividía en varias partes, todo un "hit" na época do Clasicismo que alternaba movementos rápidos e lentos e que foi moi ben acollida polo gran público en xeral. A que non adiviñades que tipo de formación musical era a encargada de interpretar este tipo de pezas? Pois sí, era unha orquestra. De feito era unha orquestra grande e poderosa, que co tempo e tras moito insistir rematou por coñecerse como a orquestra das sinfonías ou orquestra sinfónica. 

Como podedes imaxinar, esta gran orquestra estaba formada por moitísimas persoas e instrumentos diferentes, que para facilitarnos un pouquiño as cousas organizábanse en torno a familias instrumentais, é dicir, distribuíanse sempre de tal maneira que ocupaban o mesmo lugar dentro do conxunto. Deseguido imos a coñecer cales son as principais familias que integran a orquestra sinfónica, ide avanzando polas diferentes lapelas para coñecelas a todas!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)