Saltar navegación

Corda

Tiramos da corda!

xente corda
pch.vector (Freepik). Líderes de grupo gritando en megáfono (CC BY-SA)

INSTRUMENTOS DE CORDA

Escoitades iso? É como soa unha corda cando se tensa. Se lle damos tensión a un fío ou unha corda, coseguimos que sexa máis sensible cando o tocamos e facilitamos que vibre, e este é o principio básico polo que se rixen todos os intrumentos de corda. Canto maior sexa a tensión o son producido será máis agudo, xa que o número de vibracións da corda tamén aumenta; polo contrario cando destensamos o son resultante será máis grave. 

Por agora temos claro que os instrumentos de corda... teñen que ter corda non? É un bo comezo! Pero dentro desta familia podemos facer unha clasificación dependendo da maneira que teñen as persoas de tocar as cordas do instrumento. Continuade polas lapelas para saber máis.

CORDA FRETADA

Poderíamos dicir que nos instrumentos de corda fretada as persoas acarician as cordas, sen necesidade de golpealas ou beliscalas. Xeralemente realizan un movemento continuo e suave, cunha ferramenta chamada arco. Estaredes pensando... "como o de Robin Hood?" Pois a verdade que si, a parte de madeira é semellante, pero en vez de ter unha corda os arcos que se empregan na música fanse de pelo de cabalo por ser un material resistente e delicado ao mesmo tempo. Por suposto o cabalo non sufre ningún dano, é coma se pasara polo perruqueiro!

Na seguinte imaxe podedes observalo en detalle:

Violín
Pianoplonkers. German, maple Violin (CC BY-SA)

CORDA PULSADA

Estes intrumentos de corda empregan un sistema de beliscado, é dicir, temos que facer vibrar as cordas empregando as nosas propias mans. Ben é certo que en ocasións tamén se recurre a ferramentas como as púas (pequenas pezas de plástico que fan a función das uñas), e o xeito de tocar varía dependendo do intrumento. De novo aquí atopamos diferentes materiais para as cordas, que poden ser de nailon ou de metal

Na seguinte imaxe podedes botarlle un ollo a como se toca unha guitarra ca púa. 

púa
racool-studio (Freepik). Foto gratuita música, primer plano. joven músico con guitarra electro (CC BY-SA)

CORDA PERCUTIDA

Os intrumentos de corda percutida son aqueles que empregan algún sistema mecánico para golpear as cordas e así xenerar as vibración que producen o son. Xeralmente, como acontece no caso do piano que tedes no vídeo a continuación, emprégase un sistema de teclas que son pulsadas polo intérprete e que activan un pequenos martelos, que finalmente golpean as cordas como se dun resorte se tratara. 

A que nunca lle botáchedes un ollo ao funcionamento dun piano no mentres se toca no interior? Fixádevos ben, porque é toda unha obra de enxeñería!

Benoît Prieur. Little Einstein Erevan - piano (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)