Saltar navegación

Materiais típicos na Bioconstrución

O cal

Casa encintada con cal en Friol
Ana Moreiras. Casas encintadas con cal en Friol (CC BY-SA)
Interiores rematados con cal
Ana Moreiras. Interiores rematados con cal (CC BY-SA)

O cal, ou óxido de calcio, é unha substancia branca pulverizada. Obtense a través da calcinación de rochas calcarias sometidas a altas temperaturas en fornos de cal.

En construción o cal é un dos materiais máis versátiles que existen: úsase en cimentacións, morteiros, leitadas, base de pinturas, fixación de tellas e acabados interiores como enlucidos, enfoscados, estucos e esgrafiados. O cal tamén ten emprego na industria cerámica, siderúrxica (obtención do ferro) e farmacéutica, como axente branqueador ou desodorizante.

Higroscópico
Illante térmico e acústico
Impermeable
Transpirable e poroso
Durable
Aséptico, bactericida e funxicida
Resistente ó lume
Biodegradable
Natural e ecolóxico
Bo comportamento mecánico
Elástico
Fácil de traballar
Endurecemento lento
Mantemento do encalado
Malas praxis
Descoñecemento do material

Pétreos tipo terras

Na actualidade, un terzo da poboación mundial vive en vivendas de terra, pois este material proporciona boas capacidades térmicas e de confort. Ademais, é un material barato e doado de conseguir.

Presenta diferentes cualidades según a súa composición química, granulométrica e as súas proporcións.

Adobe

Mestura de barro e auga que funciona moi ben en climas secos. Soe aplicarse en ladrillos de adobe: pezas paralelepípedas de masa de barro (con ou sen palla) que, logo de secarse ó sol, dispóñense en ringleiras.

Capachos con adobe e palla
Ana Moreiras. Capachos con adobe e palla (CC BY-SA)

Bloques de adobe
Ana Moreiras. Bloques de adobe (CC BY-SA)

Superadobe

Sacos de polipropileno recheos de terra estabilizada e compactada superpostas entre si por medio dun arame de púas. Casas con formas orgánicas.

Sacos superadobe
Yizuz420. Superadobe (CC BY-SA)

Cob

Muro macizo construído con arxila, area amontonada e pedras que se aplican en capas con masa húmida.

Na imaxe podedes ver a Casa terracota deseñada polo arquitecto Octavio Mendoza, considerada a obra en arxila mais grande do mundo. A casa ocupa unha área de 500 m2 e para a súa construción usáronse 400 T de barro. É unha casa perfectamente funcional, conta con varias habitacións, cociña, baños e mobles, todos construídos en arxila. O seu interior é bastante iluminado grazas ás ventás situadas nos laterais e parte superior da casa.

Casa terracota
Alexander Pabón. Casa terracota (CC BY-SA)

BTC

O BTC ou Bloque de terra comprimida é un material de construción fabricado cunha mestura de terra e un material estabilizante (cal aérea, cal hidráulica, arxila… ), que é comprimida e moldeada usando una prensa mecánica. 

O BTC é un substituto do ladrillo corrente. Colócase en muros usando unha mestura de morteiro co mesmo material do estabilizante.

Ladrillo BTC
Ana Moreiras con Chat GPT. Ladrillo BTC (CC BY-SA)

Barrotillo

Sistema constructivo tradicional da penísula. Consiste nun entramado de listón de madeira nunha armazón de madeira recuberta con barro, palla e xeso. En Galicia usábase nos tabiques de división interiores.

Barrotillo de varas de castiñeiro
Ana Moreiras. Barrotillo de varas de castiñeiro (CC BY-SA)
Barrotillo, palla e barro
Ana Moreiras. Barrotillo, palla e barro (CC BY-SA)

Quincha

Sistema constructivo tradicional de Sudamerica, é un entramado de caña ou bambú, nunha armazón de madeira recuberta con barro e palla.

Aldea Tablón, Honduras
Lon&Queta. Aldea Tablón, Honduras (CC BY-SA)

Tapial

Muro macizo construído con arxila e area amontoada e prensada cun pisón. 

Encofrado, vértese a terra por tongadas duns 10-15 cms e compáctase mediante o prensado.

Casiña de Illa en Vilarmide
Ana Moreiras. Casiña de Illa en Vilarmide (CC BY-SA)

Higroscópico
Illante térmico
Illante acústico
Resistencia ó lume
Baixo Impacto ambiental
Reciclable Plástico (fácil de deformar)
Autoconstrución
Construción lenta

Contrae ó secarse
Non é impermeable
Non está estandarizado

Higroscópico
Illante térmico
Illante acústico
Resistencia ó lume
Baixo Impacto ambiental
Reciclable Plástico (fácil de deformar)
Autoconstrución
Construción lenta

Contrae ó secarse
Non é impermeable
Non está estandarizado

Pétreos tipo bloque

Os bloques de pedra preséntanse tipicamente en forma de cachotería ou lousa e teñen as seguintes propiedades:

Cachotería

Construción de muros a través de cachotes de pedra, caracterizados por estar sen labrar.

Pode ser pura (dun só tipo de pedra) ou mixta, onde hai diferentes tipos de pedra (gra, xisto, xeixos, canto rodado). A cachotaría sempre se reviste con encintados ou con morteiro de cal.

Casa de cachotería en Friol
Ana Moreiras. Casa de cachotería en Friol (CC BY-SA)

Cantería

Pedras labradas en forma de paralelepípedo para colocarse sen morteiro.

Igrexa de San Martiño en Noia. Exemplo de cantería
Ana Moreiras. Igrexa de San Martiño en Noia. Exemplo de cantería (CC BY-SA)
Higroscópico
Inercía térmica
Resistencia ó lume
Reutilizabilidade
Durabilidade
Illante acústico
Non necesita mantemento
Custo
Proceso de construción lento
Humidades
Man de obra especializada

A madeira

En climas fríos e secos con moito bosque, como os países nórdicos, Canadá ou EEUU é unha opción de construción funcional e barata, mesmo para revestimentos exteriores. En Galicia non é unha boa opción para exteriores por mor da elevada humidade, que non soportan as especies autóctonas.

En interiores poden usarse taboleiros laminados de castiñeiro e eucalipto tratado.

Entramado lixeiro

Estrutura formada pola unión de bastidores de madeira arriostrados entre si mediante taboleiros estruturais colocados a 40-60 cm e recheos de illante.

Tradicionalmente climas temperados a fríos húmidos.

Entramado lixeiro en estrutura do IES A Cachada
Ana Moreiras. Entramado lixeiro en estrutura do IES A Cachada (CC BY-SA)

Entramado pesado

Estrutura de vigas e piares de madeira maciza ou laminada con pezas ensamblada mediante con unións e diversas técnicas.

Todos os climas.

Cuberta Pazo Goiáns, Boiro
Ana Moreiras. Cerchas de coitela española na cuberta Pazo Goiáns, Boiro (CC BY-SA)
Teito Pazo Goiáns, Boiro. Imita bateas da ría
Ana Moreiras. Teito Pazo Goiáns, Boiro. Imita bateas da ría (CC BY-SA)

Troncos

Estrutura de troncos de madeira maciza que se dispoñen horizontalmente un enriba de outro, trabándose nas esquinas mediante unións carpinteiras. 

Para climas fríos.

Revestimentos con CLT

Os paneis de CLT (Contralaminado) son madeira maciza. Fabricados industrialmente con 3 ou 5 capas de táboas encoladas de forma cruzada, son autoportantes, é dicir, ideais para crear estruturas sen necesidade de entramados lixeiros.

Paredes de paneis de CLT
Ana Moreiras. Paredes de paneis de CLT (CC BY-SA)
Teito con paneis de CLT
Ana Moreiras. Teito con paneis de CLT (CC BY-SA)

Revestimentos con OSB

No sector da construción, os taboleiros OSB son frecuentemente utilizados como material de soporte en estruturas de edificios, revestimentos e illamentos. A súa capacidade para soportar cargas pesadas e resistir á humidade fainos adecuados para o seu uso en ambientes tanto secos como húmidos, incluíndo exteriores.

Taboleiro OSB
Ana Moreiras. Taboleiro OSB (CC BY-SA)

Pavimentos

Os chans de madeira pura, parquet ou tarimas flotantes, son moi empregados en construción polo confort térmicos que proporcionan no tacto así como pola beleza dos acabados.

  • Os chans de madeira son os máis caros, e a miúdo se fan de madeiras exóticas. En Bioconstrución debe empregarse madeira do país é dicir, castiñeiro, carballo ou piñeiro.
  • O parquet son pezas de madeira maciza que se ensamblan entre si.
  • A tarima flotante (a opción máis económica) son pezas que imitan madeira. Están feitas con fibra de celulosa e revestidas cun material plástico para facelas máis resistentes á humidade. Non é un material de bioconstrución.

Illante de fibra de celulosa

Un dos materiais máis empregados como illante, entre as paredes, é un prensado residuos de madeira en forma de fibra de celulosa. Un xeito ecolóxico e eficiente de aumentar o ciclo de vida da madeira.

Fibra de celulosa
Ana Moreiras. Fibra de celulosa (CC BY-SA)


 

Higroscópica
Versátil
Durable
Lixeira
Baixo Impacto ambiental
Reciclable, reutilizable e degradable
Absorbe tóxicos
Illante acústica e térmica
Manexo fácil e montaxe rápida
Modular
Antisísmica
Construción en altura
Textura/acabado bo
Axentes xilófagos
Fotodegradación
Humidade 
Coñecementos específicos
Variabilidade de aspecto entre pezas semellantes

Illantes

É fundamental, como na construción en xeral, proporcionar confort higrotérmico ás vivendas. Para iso, na bioconstrución empréganse materiais de orixe natural, en lugar das típicas láminas de orixe sintético da construción ordinaria.

Fibra de cáñamo
Ana Moreiras. Fibra de cáñamo (CC BY-SA)
Láminas impermeables
Ana Moreiras. Láminas impermeables (CC BY-SA)
Fibra de celulosa
Ana Moreiras. Fibra de celulosa (CC BY-SA)
Lámina de lá de ovella
Ana Moreiras. Lámina de lá de ovella (CC BY-SA)
Cortiza de sobreira
Ana Moreiras. Cortiza de sobreira (CC BY-SA)
Fibra de algodón
Ana Moreiras. Fibra de algodón (CC BY-SA)

Outros materiais biocompatibles

Palla

Interior vivenda do bioconstrutor Guido, con palla.
Ana Moreiras. Interior vivenda do bioconstrutor Guido, con palla, cal, entramado de madeira. (CC BY-SA)

A palla é un material abundante e 100% ecolóxico con moi boas propiedades illantes.

Posibles usos:

  • Con pacas de palla enteira, construíndo un muro de palla autoportante.
  • Con paca de palla enteira para recheo e estrutura de madeira.
  • Con palla solta, encofrada e estrutura de madeira.
  • Con paneis prefabricados de palla.

Biocerámica

Moitos domos preconstruídos fanse con láminas de biocerámica
Ana Moreiras con Chat GPT. Moitos domos preconstruídos fanse con láminas de biocerámica (CC BY-SA)

A biocerámica é un material resistente e orgánico que se concibiu inicialmente para o seu uso en medicina pola súa nula toxicidade. As primeiras biocerámicas foron a hidroxiapatita (similar á composición do óso) e o óxido de circonio (implantes, próteses e reparación de tecidos óseos). Co tempo, as boas propiedades térmicas, illantes, higroscópicas, ignífugas e ecolóxicas das biocerámicas, fixéronas candidatas ideais na Arquitectura bioclimática.

As biocerámicas en arquitectura están compostas de:

  • Arcillas especiais e silicatos, con alta capacidade de regulación térmica e humidade.
  • Óxidos cerámicos avanzados, con alta resistencia térmica e mecánica, o que os fai aptos para paneis illantes e revestimentos de fachadas.
  • Microesferas cerámicas, que engadidas a pinturas e revestimentos reducen a absorción de calor, o que as fai útiles en tellados e fachadas en climas cálidos.
  • Compostos con hidroxiapatita, empregados con fins de mellorar a nosa saúde pola súa boa absorción de compostos contaminantes do aire.

Hai 70 anos, o visionario Buckminster Fuller deseñou unhas vivendas tipo domo para un futuro de temperaturas extremas. Xa estamos no futuro, xa temos ese clima, e xa hai as zonas do planeta asolagadas polos incendios que precisan vivendas que ofrezan seguridade e refuxio en condicións extremas. Así está construíndo xa Geoship en California.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)