Saltar navegación

6. Fotogrametría

Fotogrametría

A fotogrametría é unha técnica que permite obter modelos dixitais 3D de obxectos, edificios ou terreos a partir de fotografías 2D superpostas. Profesionais da topografía, arquitectura e enxeñería empregan esta técnica a miúdo, usando fotos de drons e GPS, para crear mapas 3D. 

Os software de fotogrametría extraen, a partir das fotos, os puntos claves de calquera obxecto, inferindo a distancia entre eles. O resultado inicial do escaneo láser, a fotogrametría dixital ou LIDAR é unha nube formada por millóns de puntos identificados polas coordenadas (X, Y, Z) xunto a información adicional como a textura, a cor e a intensidade. 

Hai moitos softwares gratuítos para móbil, e eu propóñovos que usedes KIRI Engine:

Ana Moreiras. Fotogrametría con Kiri Engine (CC BY-SA)


Para poder xerar un modelo 3D é preciso transformar a nube de puntos nunha malla ou mesh. A malla está formada por pequenos planos poligonais, xeralmente triángulos, que conectan os puntos creando unha superficie continua. O propósito da malla é proporcionar unha representación máis manexable do obxecto escaneado. Isto facilita a visualización, a análise e a manipulación do modelo 3D en diversas aplicacións como a enxeñaría, a arquitectura, a industria do entretemento, o deseño de produtos e a simulación.

Fotogrametría 3D

Duración:
20 (aula)+60 (na casa)
Participantes:
Individual
  1. Escolle un obxecto do taller. O óptimo é analizar o biomodelo fabricado na sesión anterior. 
  2. Escanea o modelo empregando un software de fotogrametría 3D gratuíto do teu móbil. Exemño: KIRI Engine ou MagiScan. Consellos: toma fotos desde todos os ángulos posibles e evita luces e contrastes fortes.
  3. Grava un vídeo onde se vexa o modelo desde diferentes perspectivas. Edítao cun audio onde describas o proceso de traballo do modelo e as características do material que empregaches.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)